Adivina adivinanza? De que escola poden estar a falar neste fermoso conto creado dentro do programa Escuelas Visuales? Pinchade na imaxe para acceder á súa descarga e lectura.
luns, 21 de setembro de 2026
MI ESCUELA ES VISUAL
mércores, 9 de setembro de 2026
BENVID@S AO CURSO 2026-2027
Estimada Comunidade Educativa,
Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión e alegría; seguro estará cheiño de aprendizaxes que nos farán crecer, soñar e brillar. O Departamento de Orientación está aquí para axudarvos en todo o que precisedes para acadar esta misión. Benvid@s!
xoves, 18 de xuño de 2026
TEI: titores diplomados!
Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI, a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados no Curruncho, con xogos cooperativos e tempo de lecer compartido.
O alumnado de 3º agasallou con fermosas palabras e debuxos o apoio dos seus titores/as e entregáronlles o seu diploma que acredita o seu bo facer e as aprendizaxes ao longo deste curso.
Parabéns a todos e todas!
Pinchade na imaxe para ver fotos do día.
martes, 16 de xuño de 2026
Xa somos maiores!
Agora que xa somos maiores, celebramos a nosa "graduación" xunto coas nosas familias e co apoio e consellos do alumnado de 1º EP.
A por unha nova Etapa!
luns, 15 de xuño de 2026
PASO A PRIMARIA
Os nenos e nenas de 6º de EI están a piques de comezar unha nova etapa. Son días de moitos nervios preparando a súa "graduación" e coa incertidume dun novo ciclo que, a pesar de ser nun centro xa coñecido, traerá cambios importantes. Para favorecer este tránsito o alumnado de 1º EP axudounos a descubrir en que consiste isto de PRIMARIA. Vai a ser xenial!
martes, 9 de xuño de 2026
PASO Á ESO
O alumnado de 6º EP acudiu este martes a coñecer o centro no que cursarán a nova etapa educativa. Os nervios e incertidume foron desaparecendo ao longo da visita das instalacións e tras as recomendacións de antigos alumnos do noso centro. Moitas grazas por facilitar o tránsito entre etapas!
xoves, 4 de xuño de 2026
NO CRA XA SOMOS MAIORES!
O alumnado de 6º EI do CRA de Bergondo foi visitar o centro no que cursarán a nova etapa educativa, que está a piques de comezar, o CPI Cruz do Sar.
É un centro moi grande e bonito pero o que máis nos gustou foi o comedor e a sorpresa que nos tiñan preparada! Puidemos ver o helicóptero da Garda Civil e subirnos ao seu coche e moto!
Pasámolo xenial! Moitas grazas ao equipo docente pola súa axuda e guía.
luns, 18 de maio de 2026
venres, 15 de maio de 2026
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2026
Hoxe honraremos a NOSA LINGUA e a NOSA CULTURA cun festival para toda a Comunidade Educativa. Parbéns polo traballo e a disfrutar.
Pinchade na imaxe para ver a historia social do que vai acontecer no día de hoxe.
Pinchade nos enlaces para acceder a recursos sobre a omenaxeada
https://primaveradasletras.gal/2026/actividades
venres, 8 de maio de 2026
+ Diversión no tempo de lecer
As propostas das patrullas DIVER+ para dinamizar o tempo de lecer e mellorar a convivencia no centro están a funcionar. O obradoiro de pulseras é todo un éxito!
sábado, 2 de maio de 2026
Día Contra o Acoso Escolar
O acoso escolar é un problema grave que afecta a moitos estudantes en todo o mundo. Trátase de condutas repetidas de intimidación, burla ou agresión cara a unha persoa, que poden causar dano emocional, psicolóxico e mesmo físico. Ninguén merece ser tratado dese xeito, e é responsabilidade de toda a comunidade educativa previlo e detelo.
O respecto é a base dunha convivencia sa. Cada estudante é diferente, coas súas propias ideas, gustos e formas de ser, e esa diversidade debe ser valorada, non atacada. Cando alguén sofre acoso, pode sentirse só, triste ou con medo de asistir á escola, o que afecta á súa aprendizaxe e benestar.
Para combater o acoso escolar, é fundamental non quedar en silencio. Se es testemuña dunha situación de acoso, é importante apoiar á persoa afectada e comunicalo a unha persoa adulta de confianza. Do mesmo xeito, quen exerce o acoso debe reflexionar sobre as súas accións e comprender o dano que causa.
Crear un ambiente escolar seguro depende de todos. Fomentar a empatía, o respecto e a inclusión axuda a construír unha comunidade onde cada estudante se sinta valorado e protexido. Dicir non ao acoso escolar é un paso esencial para lograr unha escola máis xusta e humana.
martes, 7 de abril de 2026
Obradoiro Educación Dixital para familias
O vindeiro 16 de abril facilitarase un obradoiro para as familias do alumnado maior de 10 anos, encamiñada á educación dixital en ciberseguridade e privacidade. Animádevos a participar!.
xoves, 2 de abril de 2026
2 de Abril
O 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e o Día Internacional do Libro Infantil.
Comparto con toda a Comunidade Educativa unha recomendación lectora: este fermoso albume ilustrado (" ¡Ana, dónde vas! de David Gómez e Irene Bofill, e a Fundación Orange) que aborda a hipersensibilidade sensorial no autismo, co obxectivo de sensibilizar e concienciar sobre a diversidade.
Feliz lectura!
martes, 24 de marzo de 2026
Cohesión TEI
Neste trimestre titores e titorizados disfrutaron de dúas actividades de cohesión, dentro do programa TEI.
Aprenderon a traballar en equipo, a confiar e crear vínculo a través do ACROSPORT e a creación de pequenos relatos a partires do libro de ARTEFACTES e sobre todo, disfrutaron de tempo XUNT@S.
Pinchade nas imaxes para acceder as diferentes fotografías das actividades.
venres, 6 de marzo de 2026
Charlas para as familias
venres, 13 de febreiro de 2026
Tempo de Entroido!
A pesar da choiva e non poder disfrutar do pasarúas coas familias, hoxe contamos cun día de diversión, alegría, traballo en equipo e ricas larpeiradas de Entroido compartidas a ritmo de MARESADA.
Feliz Entroido!
venres, 30 de xaneiro de 2026
DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA
Estas semanas estivemos a reflexionar sobre a paz a convivencia e o plasmamos nun fermoso mural marino.
Nesta presentación compartimos unha selección de curtas e película que invitan a continuar coa reflexión.
venres, 23 de xaneiro de 2026
martes, 13 de xaneiro de 2026
Novas Patrullas!
Comezamos o trimestre con novas Patrullas DIVER+ !
O alumnado voluntario de 6º EP e 5º EP encargarase da dinamización do noso patio.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
venres, 19 de decembro de 2025
MI ESCUELA ES VISUAL
Adivina adivinanza? De que escola poden estar a falar neste fermoso conto creado dentro do programa Escuelas Visuales? Pinchade na imaxe pa...
-
Que está a facer a rapazada? Como pensas que se sinten? Se pinchades na imaxe poderedes atopar algo máis que divertido....que será?
-
Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI, a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados no Curruncho, con xogos cooperativos...
































