COS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA ESTAS FESTAS E O 2026
Que é iso da Constitución? Por que é festivo ese día? É tan importante?. Para poder entender de que se trata compartimos este vídeo realizado por María Jesús Fernández Guillén.
Hoxe tivemos a sorte de contar no noso centro con usuarios de ASPACE que nos explicaron o seu día a día como persoas que contan con Parálise Cerebral.
Pinchade na imaxe para saber máis sobre eles e aquí para ver fotos do día.
Ao longo desta semana traballaremos de un xeito máis específico que se entende por diversidade e, en concreto por diversidade funcional. Disfrutaremos dun novo Tarabelo nas Ondas, da nosa Carreira ENKI e aprenderemos a través dos contos, curtas e música.
Tedes aquí moitos recursos e este ano engadimos a fermosa adaptación do conto "¿Quieres nadar conmigo?" para aprender a nadar tod@s xunt@s.
Este venres 14 de novembro, contamos coa visita ao noso centro de Marie e María, integrantes da ONG Tierra de Hombres, organización humanitaria internacional que traballa para mellorar as condicións de vida dos nenos máis vulnerables, especialmente nos ámbitos da saúde, as cuestións sociais e os dereitos da infancia.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria estiveron a reflexionar sobre os Dereitos da Infancia e de aqueles máis vulnerables (por exemplo os nenos e nenas de Gaza).
Moitas grazas Marie e María!
Pinchade na imaxe para acceder ás fotografías.
Estamos de sorte!!! Esta semana contaremos cunha sorpresa no tempo de lecer, na zona de Bibliopatio.
Pinchade na imaxe para saber de que se trata.
Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI, a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados no Curruncho, con xogos cooperativos...