BO VERÁN!
venres, 19 de xuño de 2020
Felices vacacións!
Adicado a toda a Comunidade Educativa e, especialmente ao alumnado, do CRA de Bergondo e CEIP Sada y sus Contornos.
xoves, 18 de xuño de 2020
Un agasallo para vós.
Desde o Departamento de Orientación, as mestras de apoio e o Programa REFORZA-T (Silvia, Oliva e Cristina) e a orientadora (Lucía) queremos despedir este curso cun agasallo para todos os nenos e nenas da nosa escola. Grazas por ser e por estar. Felices vacacións e ata o novo curso!
Pinchade na imaxe
mércores, 17 de xuño de 2020
Cine emocionante!
Xa están ahí as vacacións e teremos moito tempo para disfrutar da familia, dos amig@s, da natureza, da praia, do bo tempo... Pero para os días de choiva, nos que nos teñamos que quedar na casa, vos suxiro algunhas das mellores películas das que poder disfrutar e seguir a medrar emocionalmente, xa que todas elas xiran en torno aos sentimentos. Preparade as palomitas!
martes, 16 de xuño de 2020
Xa somos maiores: marchamos a Primaria!
A semana pasada tocoulles un pouco máis de atención aos alumnos de 6º EP que marchan para a ESO. Pero todos seguimos a crecer, os alumnos e alumnas de Educación Infantil tamén, e os de
6º EI tamén son maiores!
A entrada de hoxe vai adicada ao alumnado que o vindeiro curso iniciará a Etapa de Educación Primaria. Aínda que coñecen o cole e a case todo o profesorado é un hito importante na súa vida, síntense maiores e, poida que moitos, asustados ou abrumados, e os adultos debemos facilitar o espazo para medrar e dar seguridade e tranquilidade neste tránsito.
Comparto unha presentación realizada para o alumnado pero que inclúe tamén pautas para as familias. Os alumnos e alumnas de 1º queren axudarvos neste gran paso e realizaron unha serie de recomendacións para que todo saia ben. Desde aquí agradecer a súa colaboración.
Xunt@s seguiremos a medrar, seguiremos a aprender.
luns, 15 de xuño de 2020
Así es la vida!
Este curso taaaaannnn diferente está a piques de rematar. Despois do esforzo e o traballo, das alegrías e tristezas, do medo, der ter que aprender a toda velocidade unha nova forma de facer, de estar, de aprender... chega o final, sen festa nas aulas, sen excursión, sen abrazos e bicos desexando felices vacacións... así é a vida!. As cousas non sempre saen como un pensa ou quere pero sempre temos que adaptaranos e ver o lado positivo de cada acontecemento da nosa vida e ver unha nova oportunidade nesa realidade. Cando nos volvamos a ver teremos un montón de cousas que contar e seguro disfrutaremos moito máis de cada momento tod@s xunt@s e valoraremos cada momento e aprendizaxe compartida! Xunt@s comezaremos novos proxectos con ilusión.
"Así es la vida" é un magnífico conto onde as autoras ( Carmen e Ana Luisa Ramírez) nos ensinan de xeito sinxelo e claro a vivir e disfrutar da vida incluso cando as cousas non saen como un espera.
Disfrutade da última semana deste curso!
As profes Oliva, Silvia e Cristina comparten nas lapelas superiores unhas propostas diferentes para esta semana. Non volas perdades!
As profes Oliva, Silvia e Cristina comparten nas lapelas superiores unhas propostas diferentes para esta semana. Non volas perdades!
venres, 12 de xuño de 2020
Xuntos completamos a historia
Comezamos a semana cunha curta que nos facía reflexionar sobre a importancia da nosa actitude ante a vida e que está nas nosas mans axudar a mellorar o noso mundo e o dos demáis. Imos rematar a semana cun conto que versa sobre a mesma idea. Xa veredes que chulo!
Cando atopei pola rede este conto pensei...outro conto do Coronavirus, ao mellor os nenos e nenas xa están un pouco fartos. Pero cando o lin dinme conta que é un conto diferente, que nos anima a "loitar" xuntos para crear un mundo mellor. Anímovos a lelo e continuar a historia escribindo un novo capítulo. Se queredes podedes envialo ao correo do departamento orientacion@sadaycontornos.es
Se queremos un mundo mellor debemos, desde a educación, fomentar a curiosidade, imaxinación, creatividade e traballo en equipo.
Cando atopei pola rede este conto pensei...outro conto do Coronavirus, ao mellor os nenos e nenas xa están un pouco fartos. Pero cando o lin dinme conta que é un conto diferente, que nos anima a "loitar" xuntos para crear un mundo mellor. Anímovos a lelo e continuar a historia escribindo un novo capítulo. Se queredes podedes envialo ao correo do departamento orientacion@sadaycontornos.es
Se queremos un mundo mellor debemos, desde a educación, fomentar a curiosidade, imaxinación, creatividade e traballo en equipo.
Boa fin de semana!
xoves, 11 de xuño de 2020
Visitamos o IES Isaac Díaz Pardo
Rapaces e rapazas de 6º, lembrade que hoxe temos a charla co IES Isaac Díaz Pardo. Compartiron hoxe na súa web o vídeo para facer unha visita virtual. Premede aquí ou na imaxe para acceder.
Vémonos á tarde para aclarar todas as dúbidas que teñades.
Vémonos á tarde para aclarar todas as dúbidas que teñades.
Grazas ao IES Isaac Díaz Pardo pola súa colaboración.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
MI ESCUELA ES VISUAL
Adivina adivinanza? De que escola poden estar a falar neste fermoso conto creado dentro do programa Escuelas Visuales? Pinchade na imaxe pa...
-
Que está a facer a rapazada? Como pensas que se sinten? Se pinchades na imaxe poderedes atopar algo máis que divertido....que será?
-
Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI, a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados no Curruncho, con xogos cooperativos...
