PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 30 de outubro de 2026

Quen dixo medo?!

 A partires de hoxe, todo o  alumnado de 3º EP ten a sorte de contar cun titor ou titora de 5º EP que será o seu apoio e persoa de confianza ante os conflitos que poidan xurdir ao longo do curso. 

A ilusión por coñecerse e disfrutar de xogos de cohesión e tempo de Magosto xuntos, fixo que este día fose xenial. 






venres, 23 de outubro de 2026

TEI: Titores nomeados.

 Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita no noso centro de o Alcalde da nosa vila, quen agradeceu a todos os titores e titoras de 5º EP o seu compromiso pola convivencia no centro e participación no programa TEI. 



Grazas pola vosa participación!




venres, 16 de outubro de 2026

Moito disfrutamos dos venres!

 O recuncho de Sada Talent dos venres do programa DIVER+ sempre son un éxito. Nenos e nenas disfrutan do tempo de lecer deixando voar os seus talentos e dotes artísticas, e disfrutando da música e o baile. 








martes, 13 de outubro de 2026

DIVER+ en marcha!

 Preparados, listos...xa!!!

Grazas ás patrullas DIVER+ deste ano podemos comezar coa dinamización do tempo de lecer para que tod@s podamos disfrutar. 

Ao longo do curso seguiremos a mellorar o noso patio para que sexa un patio realmente inclusivo e visual. 





xoves, 8 de outubro de 2026

Unha nova misión...

 O Señor Potato estivo a visitar as aulas de Educación Primaria coa "misión" de recordar a todo o alumnado que fai unha orientadora na escola e cales son os proxectos de centro que contribúen a que todos e todas estamos ben no cole. 

Lembrade que podedes acudir ao DO para todo o que precisedes. 




25 N: Estela e o seu brillo violeta

 Ao longo destes días o alumnado estivo a reflexionar sobre o Bo Trato, as normas de convivencia  e o respecto, e sobre  a violencia que pod...