Comezamos a semana lembrando ás familias que contades cun montón de recursos e actividades para facer cos vosos fillos e fillas nos blogs do Departamento de Orientación que podedes atopar no lateral deste blog e pinchando nos seguintes enlaces.
- Blog da mestra de Pedagoxía Terapéutica (Oliva e Mati)
- Blog da mestra de Audición e Linguaxe (María).
- Blog da mestra de Audición e Linguaxe do CRA de Bergondo ( Dolores).
Gustaríanos informar ás familias de alumnado que está a recibir apoio por parte das mestras de AL e/ou PT cal vai ser o procedemento en caso de ter que permanecer na casa por mor da COVID -19:si se dese o caso de ter que permanecer na casa, os nenos e nenas que están a recibir apoio por parte das mestras de apoio continuarán co mesmo a través das tarefas que se vos farán chegar a través do correo electrónico e os blogs e establecerase algunha sesión virtual en coordinación coa titora e o horario establecido para o grupo-aula. Estaremos en contacto a través dos correos electrónicos:
* pt@sadaycontornos.es
* al@sadaycontornos.es
* orientacion@sadaycontornos.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario