Ditas becas ofrecen distintos importes como axuda para ensinanza, transporte, comedor, residencia, libros, material didáctico e reeducación pedagóxica ou da linguaxe, de alumnos/as con necesidades derivadas de discapacidade ou trastornos de conduta, ou para programas dirixidos a alumnado con altas capacidades intelectuais.
No BOE nº 183 do 2 de agosto de 2021 convócanse as seguintes axudas (pinchar aquí para acceder a texto completo):
-
Axudas directas para os alumnos incluíndo ao alumnado con TDAH
(Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran apoios e
atencións educativas específicas derivadas de discapacidade,
trastornos
graves de conduta ou de trastornos
graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas
especiais. Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA.
- Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de
discapacidade, trastorno grave de conduta
ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe para familias
numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos afectados por TEA (Trastorno del espectro
autista), pertencentes a familias
numerosas, no incluídos no parágrafo anterior.
- Axudas para programas
específicos complementarios á educación regrada para alumnado
con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
O prazo de presentación de
solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2021, que deberá cumprimentarse mediante formulario accesible no seguinte enlace.
Lurdes Otero elaborou este magnífico resumo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario