Da avaliación e análise de necesidades educativas do noso centro, xurde a detección dunha carencia formativa relacionada coa educación afectivo-sexual.
Grazas á FUNDACIÓN MENIÑOS e o seu programa "COLEXIO DO BENQUERER" atopas unha resposta axeitada adaptada ao noso alumnado de 5º e 6º EP.
O programa aborda, cunha coidadosa selección de contidos e recursos adaptados ás idades do noso alumnado, a educación afectivo sexual baseada no bo trato, a confianza, o respeto, a diversidade e o pensamento crítico, tendo como marco de referencia a educación emocional e a coeducación, todos eles, principios e valores que impregnan o noso proxecto educativo de centro.
Coas actividades que se desenvolverán a través da acción titorial e colaboración do Departamento de Orientación, abordaranse progresivamente cuestións relacionadas co coñecemento e aceptación persoal, diversidade, comunicación e educación emocional, prevención do abuso sexual infantil e análise social.
Ao longo do proceso iremos compartindo as actividades realizadas coa Comunidade Educativa. Compartimos aquí a carta de presentación para as familias facilitada polo programa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario