PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

domingo, 12 de xuño de 2022

PASO A PRIMARIA

 O curso está a piques de rematar e os nosos pequenos... xa son maiores!

O alumnado de 6º EI comeza a estar nervioso polo cambio que supón o paso a Primaria. No caso do alumnado do CRA de Bergondo o cambio é maior xa que todos e todas van cambiar a un centro educativo máis grande, con profes, compañeiros e compañeiras novas. Pero estou segura que este cambio vai a ser sinxelo grazas á estupenda xornada de acollida que o CPI Cruz do Sar organizou (a través dunha búsqueda de tesouro) para que alumnado e familias coñezan o novo centro e o seu proxecto educativo e organización. Grazas ao Equipo Directivo e Departamento de Orientación, en especial a Fernando, Silvia e José Antonio pola xornada tan especial que preparáchedes con tanto agarimo.

Aquí tedes un vídeo que recolle algunhas imaxes do acontecido. Pinchade na imaxe para acceder. 


O alumnado de 6º EI do CEIP Sada y sus Contornos ten un cambio máis sinxelo, xa que  son coñecedores dos espazos, mestres e compañeiros/as. Aínda así o alumnado de 1º EP axudaranlles neste cambio e explicaranlles que é iso de Primaria e daranlles algúns pequenos consellos no acto de graduación. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Máis diversión no tempo de lecer!

 Estamos de sorte!!! Esta semana contaremos cunha sorpresa no tempo de lecer, na zona de Bibliopatio. Pinchade na imaxe para saber de que se...