PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

xoves, 8 de setembro de 2022

BENVID@S!!

 Hoxe comezamos con moita ilusión un novo curso escolar. O Equipo do Departamento de Orientación está á disposición de toda a Comunidade Educativa para axudar en todo o que sexa preciso. 

Oliva, Pilar, Sabela e Lucía procuraremos o benestar de todo o alumnado do centro e que as súas aprendizaxes e motivación para medrar (en sentido amplo) sexan o mellor posible. 


BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2022-2023 !!




Quen dixo medo?!

 A partires de hoxe, todo o  alumnado de 3º EP ten a sorte de contar cun titor ou titora de 5º EP que será o seu apoio e persoa de confianza...