PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

domingo, 7 de abril de 2024

Día Mundial da Saúde

 O 7 de abril é o Día Mundial da Saúde. Toda persoa ten dereito á protección da súa saúde e acceder a unha atención sanitaria profesional, idónea e responsable. Pero este dereito fundamental está ameazado para milleiros de persoas no mundo. 

 


Ao longo deste trimestre coñeceremos e colaboraremos con diferentes ONGs que traballan en prol de preservar este dereito nos diferentes continentes, dentro das propostas didácticas do proxecto de centro "Sadabona".

Pero... que entendemos por SAÚDE?. O triángulo da saúde axúdamos a explicar  a interación que existe entre saúde mental, física e social e que determina a nosa calidade de vida. O vídeos que tedes a continuación pode axudarvos a entender este concepto.






Se contamos cunha boa saúde física, mental e social seremos felices. E se preparamos unha riquísima receita da felicidade?

Na guía de Benestar Emocional atoparemos unha proposta para facer entre todos e todas  un menú feliz.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Moito medramos!

 Xa pasaron oito meses desde que comezou o curso e os vosos pequenos moito medraron!.  A mestra de 4º EI e a orientadora do centro teremos  ...