PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

martes, 13 de outubro de 2026

DIVER+ en marcha!

 Preparados, listos...xa!!!

Grazas ás patrullas DIVER+ deste ano podemos comezar coa dinamización do tempo de lecer para que tod@s podamos disfrutar. 

Ao longo do curso seguiremos a mellorar o noso patio para que sexa un patio realmente inclusivo e visual. 





xoves, 8 de outubro de 2026

Unha nova misión...

 O Señor Potato estivo a visitar as aulas de Educación Primaria coa "misión" de recordar a todo o alumnado que fai unha orientadora na escola e cales son os proxectos de centro que contribúen a que todos e todas estamos ben no cole. 

Lembrade que podedes acudir ao DO para todo o que precisedes. 




luns, 21 de setembro de 2026

MI ESCUELA ES VISUAL

 Adivina adivinanza? De que escola poden estar a falar neste fermoso conto creado dentro do programa Escuelas Visuales? Pinchade na imaxe para acceder á súa descarga e  lectura. 



Efectivamente! É o noso centro!.
Desde o CEIP Sada y sus Contornos colaboramos na súa elaboración e somos un dos 286 centros que están a transformar os seus espazos, materiais e formas de ensinar para favorecer a accesibilidade a todo o alumnado e unha verdadeira inclusión. 



mércores, 9 de setembro de 2026

BENVID@S AO CURSO 2026-2027

 Estimada Comunidade Educativa, 

Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión e alegría; seguro estará cheiño de aprendizaxes que nos farán crecer, soñar e brillar. O  Departamento de Orientación está aquí para  axudarvos en todo o que precisedes para acadar esta misión. Benvid@s!





xoves, 18 de xuño de 2026

TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos e tempo de lecer compartido. 

 O alumnado de 3º agasallou con fermosas palabras e debuxos o apoio dos seus titores/as e entregáronlles o seu diploma que acredita o seu bo facer e as aprendizaxes ao longo deste curso.

Parabéns a todos e todas!

Pinchade na imaxe para ver fotos do día.




martes, 16 de xuño de 2026

Xa somos maiores!

Agora que xa somos maiores,   celebramos a nosa "graduación" xunto coas nosas familias e co apoio e consellos do alumnado de 1º EP. 

A por unha nova Etapa!







luns, 15 de xuño de 2026

PASO A PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 6º de EI están a piques de comezar unha nova etapa. Son días de moitos nervios preparando a súa "graduación" e coa incertidume dun novo ciclo que, a pesar de ser nun centro xa coñecido, traerá cambios importantes. Para favorecer este tránsito o alumnado de 1º EP axudounos a descubrir en que consiste isto de PRIMARIA. Vai a ser xenial!



25 N: Estela e o seu brillo violeta

 Ao longo destes días o alumnado estivo a reflexionar sobre o Bo Trato, as normas de convivencia  e o respecto, e sobre  a violencia que pod...