PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

martes, 31 de marzo de 2020

COMO ESTADES? II: EXPRESÁDEVOS

Para os máis maiores do cole, ou para todo aquel que de xeito voluntario lle interese, comparto unha enquisa que espero vos axude a expresar como estades e así poder saber en que vos podemos axudar.

Pinchade aquí ou na imaxe para acceder á enquisa.







Imaxe de Lourdes Otero
 Orientadora no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas (Perillo - Oleiros)

luns, 30 de marzo de 2020

COMO ESTADES? I: EXPRESÁDEO

Ola,
Como estades? Superamos xa os 15 primeiros días! Sodes uns auténticos campións e campionas!
Quen vos ía  dicir o pasado 12 de marzo, cando se anunciou que iamos a ter que quedar na casa tanto tempo que o iades facer así de ben! Tod@s @s mestres estamos orgullos@s de vós, nenos, nenas e familias.
Ao longo destes días as vosas emoción se sentimentos seguro que foron cambiando e teredes momentos bos e  momentos reguleros. É normal. O que tedes que facer e falar de como vos sentides, expresar como estades a levar esta situación e comentar aquilo que  vos preocupa. Lembrade un dos meus contos preferidos e que vos contei ao comezo de curso: A PREOCUPACIÓN DE LUCÍA.
Cando falamos das nosas preocupacións, estas fanse máis pequenas.


  


Para os máis pequerrechos da casa comparto este vídeo de "SESAME STREET para familias militares" para aprender a importancia de expresar o que sentimos, que, aínda que foi creado para familias dun contexto determinado, é moi útil nestes tempos que estamos a vivir.




Outro conto marabilloso que seguro que todos e todas coñecedes é "MONSTRUO DE COLORES". Aquí deixo esta adaptación chulísima na que o Monstro de Cores expresa os seus sentimentos por mor de ter que estar na casa.


Como nos ensina este conto: 
RELÁXATE E NON O PENSES MÁIS,
 QUE CANDO MENOS O ESPERES
COS TEUS AMIG@S PODERÁS XOGAR
E... AOS TEUS AVÓS PODERÁS BICAR. 

Para relaxarte propoño fagas a túa propia roda da calma, con todas aquelas actividades que che gustan e axudan a calmarte, para poder elexir en cada momento a que precises. Comparto un exemplo (do Programa Viaxe ao Reino das Emocións da Fundación MENIÑOS que estamos a seguir nas nosa escolas), o que teño na miña clase para poder axudarvos; pero recomendo que cada un de vós faga a súa propia. 


Se precisades algo non dubidedes en poñervos en contacto con nós. A por outra semana!

venres, 27 de marzo de 2020

UN REFUXO DE AMIZADE


A semana pasada propuxen facer unha árbore con palabras relacionadas con AMAR onde poder refuxaros si así o precisades. Pinchade aquí para ver a proposta.
Esta fin de semana propoño outra actividade relacionada con esa árbore, para realizar en familia, co obxectivo de  conectarnos cos amigos e amigas que seguro botamos en falta. 
En primeiro lugar, disfrutade desta fermosa curta. Sobre que está a falar? Que sentimentos e emocións podemos observar? Intercambiade as vosas impresións. Logo vos propoño un novo reto!






E… velaquí o novo reto!





Para completar a vosa árbore, que mellor xeito que facer unha casiña para os vosos amigos/as?. Propóñovos crear, con material reciclado (botellas de plástico, cartóns de leite, cartón, caixa de cereais ou galletas…), unha casiña por cada mellor amigo ou amiga que teñades ou botedes en falta. Podedes colocalo na vosa árbore ou nunha fiestra para que o voso amor  voe coma un paxaro e lles cheque a vosa mensaxe. Cando todo isto remate poderedes entregarlle a casiña que construistedes para telos no voso corazón.
Estas son imaxes con algúns exemplos. Comparto tamén un enlace no que se explica como se poderían realizar. Deixade voar a vosa imaxinación!




Non esquezades ler, xogar, facer algo de deporte e disfrutar da música. Comparto con vós unha das miñas cancións preferidas. Boa fin de semana amig@s!




Se precisades máis ideas para disfrutar destes fines de semana, comparto a guía elaborada pola Concejalía de Familia e Igualdad del Ayuntamiento de Tres Cantos que me parece moi interesante.

xoves, 26 de marzo de 2020

Con enerxía!


Bos días! Espero que comecedes este día con ánimo e enerxía. Lembrade que estes días non nos podemos esquecer de facer exercicio. Así que seguide a realizar as tarefas que os Mestres de Educación Física están a propoñer, tanto no cole de Sada como no CRA de Bergondo. Debemos comer san, seguir as vosas rutinas, durmir ben e non estar con pantallas pola noite para que o noso cerebro poida descansar. Realizar deporte e escoitar música.

Unha actividade que fago todos os días cos meus fillos é YOGA. Esta actividade axúdanos a respirar e relaxarnos para facer frente ao estrés que nos xenera esta situación de ter que estar na casa e a estar máis concentrados nas tarefas escolares, por iso  practico nas primeiras horas da mañá. Comparto esta imaxe e vouna mandar ao cole para poder montar ese vídeo que nos propón Andrés. Anímate a facer a túa!




Se practicamos YOGA desenvolvemos os nosos músculos, melloramos a flexibilidade das articulacións, melloramos os hábitos posturais, melloramos a respiración, circulación…pero sobre todas as cousas calmamos a nosa ansiedade, melloramos a nosa concentración e conectamos o noso corpo, mente e alma.
Nas redes hai un montón de vídeos e recursos. Eu comparto o que máis emprego.



Imaxe do Blog El Sonido de la Hierba al Crecer. 


Xogo tipo memory coas postura de YOGA




mércores, 25 de marzo de 2020

Contos para ler en familia

Para traballar a nosa intelixencia emocional, tan importante para o noso crecemento persoal, os contos son un magnífico recurso. Comparto con tod@s "CUENTOS PARA QUEDARSE EN CASA" de Eloy Moreno, onde atoparedes, os nenos e nenas a partir dos 7 anos,  un montón de fermosos contos para ler en familia e reflexionar sobre os valores que pretenden transmitir. Podedes ler un cada día!



E para os máis pequenos, e non tan pequenos, a escritora e ilustradora Olga de Dios  comparte en descarga libre algunha das súas magníficas obras, nas que sempre están presentes valores como a amizade, a solidariedade, a diversidade coma un valor. Encántanme!!!! Recomendo a lectura de toda a súa obra.
Disfrutade en famila da lectura e debuxando e coloreando os debuxos dos libros. 


Pinchar na imaxe para acceder aos contos.







martes, 24 de marzo de 2020

"Lágrimas bajo la cama"



A través deste magnífico conto de Ana Meilán e Marta Mayo, "Lágrimas bajo la cama" aprenderemos o importante que son as bágoas.
Simón recolle as bágoas e as mete en botes ata que comprende que non é unha boa idea. Propoño ver en familia este fermoso conto para valorar a importancia de expresar libremente as emocións, en concreto a través das bágoas.

Pero sabedes o que podedes facer cos botes que teñades na casa? En troques de enchelos de bágoas podedes meter mensaxes, debuxos, ideas, palabras, sentimentos para todas as persoas que votades en falta e coas que non podedes estar en contacto por ter que quedar na casa para acabar co Coronavirus.
Cando todo este termine e as volvades a ver podedes agasallalos co bote e compartir as mensaxes que hai dentro. Que vos parece? Preparade un bote por cada persoa que votades en falta e....a enchelo de mensaxes.


Ou se preferides podedes escribir unha carta ou un correo como nos propoñe o Equipo de Normalización da Lingua Galega no seu blogue O Tarabelo. E se queredes que compartamos algunha mensaxe o faremos encantadas!. Enviade as vósas cartas a 
otarabelo@sadaycontornos.es 
ou a orientacion@sadaysuscontornos


Acepto o reto!

Para estar ben e levar o mellor posible esta situación extraordinaria é fundamental facer exercicio cada día, realizar calquera actividade física. Nas tarefas que se facilitan desde as titorías  tedes un montón de propostas.
Que vos parece se compartimos o que cada un de nós estamos a facer na casa a través dunha foto ou vídeo? Así sentirémonos preto uns dos outros, a pesar de estar separados. Esta é a proposta do cole...Eu apúntome, e ti?

De forma voluntaria, cada familia mandará unha foto ou un vídeo que non supere os 10 segundos onde os alumnos/as estean xogando, facendo exercicio ou calquera actividade física (poden saír só os nenos/as ou coa familia). 
Despois os xuntaremos e faremos un vídeo que levará o título de #EnSadaysusContornosQuedamosNaCasa.
Enviar os vídeos a


MI ESCUELA ES VISUAL

 Adivina adivinanza? De que escola poden estar a falar neste fermoso conto creado dentro do programa Escuelas Visuales? Pinchade na imaxe pa...