A crise sanitaria está a pesar moito no noso benestar emocional, tanto de grandes coma de pequenos/as. Por iso é importante estar moi atentos ao noso estado de ánimo e ao dos que nos rodean para procurar, o antes posible, un axeitado benestar emocional.
A Xunta de Galicia publicou o pasado 17 de febreiro unha serie de propostas e actividades para previr e atenuar a influencia da pandemia. Para acceder ao documento pinchade na imaxe.
Ademáis o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia creou un Espazo de Coidado onde se recollerán propostas encamiñadas ao autocoidado (pinchade aquí para acceder ao tríptico informativo).
Destacar, entre as súas propostas, o documento "Viaxe para exploradores e exploradoras mindful" para levar á práctica co alumnado a partir dos 4 anos e inicialos na práctica minfulness, tan beneficiosa para o noso benestar emocional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario