luns, 1 de febreiro de 2021

Protección de datos

Hoxe, 28 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Protección de Datos, data proclamada en 2006 polo Consello de Europa co obxectivo de informar e concienciar sobre os dereitos e obrigacións en materia de protección de datos.

No ámbito europeo, a norma que garante a protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes é o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), plenamente aplicable desde o 25 de maio de 2018.  Pola súa banda, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) adapta a lexislación española ao devandito Regulamento europeo.


Nos centros educativos en xeral, e nos Departamentos de Orientación en particular, manexamos datos persoais que requiren de especial tratamento pola súa confidencialidade. Comparto dúas guías que axudan a entender as nosas obrigas e dereitos en materia de protección de datos. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario

8 de marzo: Día Internacional das Mulleres

 Para conmemorar este día, desde o Departamento de Orientación, queremos destacar o papel de  mulleres importantes que deixaron pegada na ed...