Este trimestre ven cargadiño de proxectos e formación complementaria para o noso alumnado que iremos contando a través do noso blogue (sensibilización sobre diversidade, alimentación saúdable, educación afectivo-sexua...)
Comezamos esta semana pasada coa charla virtual para alumnado de 5º EP a cargo de ASPACE para coñecer un pouco máis a Parálise Cerebral, a asociación e sensibilizar ao alumnado de que, en realidade, non hai tantas cousas que nos diferencian.
Pero as novas tecnoloxías xogáronnos unha mala pasada e a conexión foi complicada polo que acordamos "vernos en persoa" no mes de abril, se a situación sanitaria o permite. Esperemos que así sea!! Temos moitas gañas de aprender de vós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario