Hoxe tivemos a sorte de ter no noso centro (¡novamente de xeito presencial!) a visita de usuarios de ASPACE, que achegaron ao alumnado de 5º EP a asociación, a súa finalidade, en que consiste a Parálise Cerebral e todas as actividades que realizan. Coñecimos como é o día a día dunha persoa con PC, o xeito de comunicarse, as axudas que precisan para o desprazamento, a comida e a que dedican o seu tempo de lecer. Aprendimos que son persoas moi capaces, que só precisan de axudas persoais e tecnolóxicas que den resposta a cada unha das características individuaís para levar unha vida moi parecida á nosa, e que, ás veces, só precisan máis tempo para acadar o mesmo obxectivo.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ENSINANZAS.!
Estamos desexando poder visitarvos e contemplar as fermosas creacións artísticas que facedes. Pero mentras, para coñecervos mellor seguiremos os vosos medios de comunicación.
Pinchade na imaxe para acceder ao seu canal de YouTube e programa de radio "La Radio de los Gatos"
Ningún comentario:
Publicar un comentario