PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

xoves, 20 de xuño de 2024

Os pequenos tamén son maiores!

 Ao longo deste curso todos e todas medramos moito, especialmente os nenos e nenas de 6º EI, que están a piques de rematar esta etapa educativa e comezar Primaria. 

O alumnado de 6º de EI do CEIP Sada y sus Contornos, o pasado martes  celebramos coas familias que xa somos maiores, e hoxe fixemos un divertido xogo  para aprender a movernos de xeito autónomo polo noso centro. Para iso contamos coa axuda do alumnado de 1º EP. Pasámolo xenial e atopamos un rico tesouro!

Pinchade na imaxe para ver algunhas das fotos. 


O mesmo fixeron os nenos e nenas do CRA de Bergondo, que foron a coñecer o CPI Cruz do Sar o pasado 30 de maio. Pinchade aquí para acceder ás imaxes de ese día.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un novo curso que remata

 Hoxe é un día de sentimentos encontrados. Alegría porque chegan as merecidas vacacións despois de tanto traballo pero tamén tristeza porque...