Benvidos á escola!
Empezar un novo ano escolar é sempre unha experiencia emocionante chea de oportunidades para aprender e crecer. Teredes a oportunidade de explorar novas materias, coñecer a compañeiros e compañeiras novos, e desenvolver habilidades que serán útiles ao longo da vida. Lembrade que cada día será unha nova oportunidade para descubrir algo novo, así que aproveitade ao máximo os recursos e as experiencias que a escola vos ofrece. Se necesitades axuda ou consello, non dubides en acudir aos profesores ou compañeiros. E sempre poderedes contar co Departamento de Orientación.
O centro conta cun Departamento de Orientación coordinado pola Orientadora, que ten como finalidade acadar a cooperación de toda a Comunidade Educativa para facilitar o benestar emocional, desenvolvemento persoal, social e académico do alumnado. A Orientadora é un membro do equipo docente que vos pode asesorar na labor educativa e orientarvos na procura de solución aos problemas que poidan xurdir, podendo contar coa súa axuda para todo o que precisedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario