Temos por diante moitos días para estar na casa, e esta situación atípica pode xerar moito malestar psicolóxico a toda a familia.
Aquí
vos deixo as recomendacións facilitadas por COPOE (CONFEDERACIÓN DE ORGANIZACIONES DE PSICOPEDAGOGÍA Y
ORIENTACIÓN DE ESPAÑA) para axudar aos vosos fillos e fillas.
Facerlles entender
a situación:
· - Explicarlles o que pasa dicíndolles a verdade no
nivel de profundidade que poden comprender pola súa idade, sen alarmismos.
· - Para mitigar a ansiedade, hai que evitar
estar todo o día falando sobre o asunto e sobre todo non dar credibilidade ás noticias que
non sexan de procedencia oficial.
Convencelos de que se teñen que quedar na casa:
· - Facerlles conscientes da súa
corresponsabilidade: entre todos poderemos vencer ao virus.
· - Todos xuntos estamos a facer
historia. Deben de comprender que se trata dun sacrificio que terá unha recompensa
da que todos nos alegraremos posto que está contribuíndo ao benestar de tod@s.
· - Participar das diferentes
campañas que desde as redes sociais estanse a organizar, principalmente participar cada día no aplauso compartido aos sanitarios para
que se sintan que forman parte de algo colectivo e transcendente. Outras
iniciativas interesantes poden ser:
- A iniciativa popular arco iris que xorde baixo o hastag #desdemiventana coa idea de que os máis pequenos e non tan pequenos realicen un arco da vella como lema de TODO IRÁ BEN e colocalo nas fiestras.
- Iniciativa de COAEM baixo o hasta #musicaviral coa idea de interpretar a peza musical que se propón cada día co obxectivo de poder escoitar a alguén tocando a mesma melodía e poder conectar para non nos sentir sós.
- Animalos a ter iniciativas solidarias.
Manterse ocupados
na casa:
· - Manter o horario habitual e os períodos de dormir e vixilia ó máis
parecido posible ós habituais.
· - Programar actividades variadas e cambiantes para non se saturar con
ningunha, sobre todo evitar a sobreexposición ás pantallas. Aplicar o sentido
común: non debemos de esquecer que precisan de estar en contacto cos seus
amigos e amigas e o único canal é a través da tecnoloxía.
· - Facer actividades
físicas compartidas en familia, como bailar seguindo coreografías
ou táboas de exercicios.
· - Actividades
culturais como visitas virtuais a museos, ver películas, teatro, documentais, escoitando
tamén cales son os seus intereses.
·
Museo del Prado. Na conta de Instagram realizan
videos en directo de luns a venres de 9:50 a 10 am comentando algunha obra
deste museo.
·
Galería Uffizi en Florencia
·
Museo do Vaticano en Roma
·
Museo Arqueolóxico en Atenas
·
Museo do Louvre en Paris
·
Museo Británico en Londres
·
Museo Metropolitano en Nueva York
·
National Gallery of Art en Washington
·
Festival me quedo en casa e cuarentena. Moitos
artistas a través dos seus perfiles de Instagram están facendo directos duns 30
minutos.
·
Documentais de RTVE, moitos e variados.
· - Fomentar a creatividade e aproveitar para facer
actividades artísticas e inventar obxectos, xogos e actividades.
· - Realizar actividades de relaxación e meditación. É un bo
momento para inicialos nestas prácticas diarias que teñen tantos beneficios.
Existen moitos vÍdeos de meditación guiada en Internet.
· - Lecturas de interese, sos ou en compañía.
Non
perder o fío do traballo e estudo:
· - Procurade manter no día a día o repaso das tarefas escolares. É bo
facer un horario cos pequenos para organizar a xornada e poder realizar as
tarefas que desde a web do centro están a facilitar as mestras.
En resumo, e seguindo as recomendacións da psicóloga Elena San Martín:
Ningún comentario:
Publicar un comentario