Comezamos a semana con ánimo e ilusión! E aquí vos deixo a miña árbore, elaborada tras a lectura de AMAR (Palabras Aladas) onde me refuxiarei cada vez que o meu ánimo baixe un pouco.
Coa axuda de todos e todas sairemos desta, Sairemos como Galegos!
Rapaces e rapazas, lembrade que a vosa axuda é fundamental, así que axudade nas tarefas da casa, cumpride coa rutina que as vosas familias consideren e sede responsables coas tarefas e aprendizaxes que as mestras e mestres marcan.
Familias e profesorado, pinchade na imaxe para acceder ás recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para afrontar con ánimo esta nova semana.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Os Dereitos da Infancia: ONG Tierra de Hombres
Este venres 14 de novembro, contamos coa visita ao noso centro de Marie e María, integrantes da ONG Tierra de Hombres, organización humanit...
-
E esta semana seguimos a practicar e aprendemos os meses do ano. Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo.
-
Que está a facer a rapazada? Como pensas que se sinten? Se pinchades na imaxe poderedes atopar algo máis que divertido....que será?
Ningún comentario:
Publicar un comentario