Ola familias, nenos e nenas!
Como o estades a levar? Un pouco mellor agora que podedes saír un pouquiño? Espero que si, aínda que ben sei que ás veces seguimos a aburrirnos, enfadarnos, estar tristes, frustrados... e que é difícil xestionar todas esas emocións en nós mesmos e cos fillos e fillas. Pero tamén sei que sairemos aprendendo moito de toda esta situación.
Recollo na entrada de hoxe unha sesión formativa moi interesante sobre a xestión emocional grazas ao proxecto de ABANCA #AfundacionEnCasa que nos ofrece unha charla da man de Rafael Guerrero co título
'Claves para la gestión
de las emociones' con Rafael Guerrero
Para os máis pequenos e pequenas, comparto esta guía chulísima "ELENA EN CUARENTENA" que nos facilita claves para superar o aburrimento, con propostas para facer que están moi ben.
Pinchade na imaxe para acceder.
Para superar o aburrimento, outra actividade que podedes facer é a seguinte:
"Caixa para superar o aburrimento"
Facede unha lista de cousas que vos gusten e poidades facer na casa. Escribide cada idea nun papel, dobrádeo e metédeo nunha caixa que teñades para reciclar ou nun bote (que podedes decorar previamente). Cando esteades aburridos metede a man na caixa e sacade un papeliño e facede a actividade, tarefa, xogo...que está escrita.
Podedes imaxinar un cento delas (pedide axuda á vosa familia para ter moitas ideas) e sempre será unha sorpresa divertida!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario