Comparto unha recomendación de parte de Draco (Programa Viaxe ao Reino das Emocións).
Cuidádevos!Procura un espazo e tempo para ti. Practica o aquí
e agora, centrándote nas pequenas cousas do día a día, as que son
importantes en estos momentos para poder xenerar un entorno o máis sano e equilibrado na medida das posibilidades. Manter as rutinas e permitirnos tempos de descanso e de ocio dentro da casa, axudaranos a
ocuparnos e non a preocuparnos. Algunhas cousas que podes facer: ler, ver algunha
serie ou película, realizar pasatempos, practicar un pouco de exercicio
(estiramentos, baile, etc.), permitirte unha ducha máis longa, non facer nada
durante un rato, para estar contigo mesmo/a, etc.
Moito ánimo e intentade aprender todo o que poidades desta situación e medrar como persoas.
Xunt@s acadarémolo!
Imaxe de #AdaEvaCoach
Lembrade que podedes contactar conmigo a través do correo orientacion@sadaycontornos.es
Intentarei axudarvos en todo o que sexa posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario