Hoxe imos contar un conto!
Comparto con vós dous dos contos que máis me gustan e máis significado para min teñen polo que contan, por como o contan e polo que implicaron persoalmente cando os descubrin e os compartín cos nenos e nenas dos diferentes centros polos que estiven.
Para os máis maiores comparto "Pequeñas cosas" de Mel Tregonning. Fermosísimo albume ilustrado para ler moi amodiño cos máis maiores, interpretando cada unha das fermosas viñetas, dándolle sentido, lendo, en definitiva. A que conclusión chegades ao remate?
Pinchade na imaxe para acceder
Para os máis pequenos, e non tan pequenos, un fermósísimo libro cheo de cor que invita á vida compartida, a poñer en valor a amizade, a diversidade e o que temos ao noso arredor, así como a fomentar unha actitude positiva cara a acción: "Las Ciudades de Colores"
Pinchade na imaxe para acceder
Espero que disfrutedes da súa lectura tanto como fago eu cada vez que os leo.
E de fondo unha fermosa canción de Magín Blanco para as nosas casas de cores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario