PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 29 de maio de 2020

Fin de semana de cociña.

Sergio ten unha coleción de botes, onde garda ingredientes secretos e especiais que vai recollendo polo camiño: un cacho de nube, unha pizca de saraiba, un raio de sol, a risa dun esquío, o pó dunha estrela. Con eles cociña as recetas máis increíbles que poidas imaxinar.

Unha vez cociñou unha tarta tan grande e esponxosa que se podía durmir nela; aquel que a probaba en soños comezaba a flotar coma un globo. Noutra ocasión, preparou unha sopa coas cores do arcodavella: todos os que tomaron unha cullarada brilaban e cambiaban de cor coma un camaleón. Ainda que o mellor foi cando, nunha expedición polo bosque, preparou unha brevaxe de malas herbas que logrou afastar a un lobo que andaba a perseguilo a el e os seus amigos.

O superpoder de Sergio é a COCIÑA. 


Para esta fin de semana propoño que estimuledes o SUPERPODER da COCIÑA. 
Animádevos a recoller fantásticos ingredientes como Sergio e crear exquisitos platos. 
Se precisades algunha axuda podedes pinchar aquí neste enlace ou aquí  Pepa e Rufo na cociña  pero... CREATIVIDADE ao poder!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día dos Dereitos dos nenos e nenas

 Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas.  Pinchade na imaxe para acceder ao documento.    ...