PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

mércores, 13 de maio de 2020

Desacougo...

¿Algunha vez neste tempo de confinamento notaches que estabas inquedo/a, intranquilo/a, nervioso/a, con certa ansiedade, desvelo, desazón, incomodidade, malestar...? Estabas a sentir 
DESACOUGO.
É a falta de acougo, intranquilidade. É o contrario de acougo, tranquilidade, serenidade.





 Ao mellor o desacougo é tal que nos impide concentrarnos en nada e a sensación de inquietude que nos provoca impídenos pensar con claridade suficiente para afrontalo. Nestes casos hai que deseñar un plan de emerxencia para resolver a situación.

 
 

Nun momento de tranquilidade, intentade expresar á vosa familia o voso sentir e procurade entre tod@s atopar o que che causa desacouco. 

E como procurar esa tranquilidade? 

Xa comentei en varias ocasións o beneficio de practicar deporte e actividade física e do ioga.
Hoxe propoño outro  recurso que vos pode axudar moito a expresar o que sentides, a través das cores,  e a atopar esa tranquilidade: OS MANDALAS.

Mandala é unha  palabra sánscrita que significa “círculo”. Representa o universo  cun  conxunto de figuras e formas xeométricas concéntricas.. Debuxar e  pintar mandalas, mellora a concentración e a aprendizaxe; equilibra os hemisferios cerebrais; favorece o descanso e o  soño; facilita a comunicación e potencia a creatividad; desenvolve os  sentidos e a capacidade de percepción; fomenta a iniciativa persoal, e estimula  a imaginación.
As mandalas para colorear poden axudarte a  sacar todas as túas emociones ao exterior, as positivas para  encherte de enerxía e as negativas, para deixar que marchen lonxe de ti.
De que cor pintarías se sintes desacougo? Sabiades que cada cor ten un significado diferente e que coas diferentes tonalidades exprésanse sentimentos diferentes?

Cando precises  expresar as túas emocións  e liberarte dos malos pensamentos anímate a pintar mandalas, axudarate a identificar como te sintes  e ao mesmo tempo permitirá que te relaxes e sacar o mellor de ti. Axudarate a acadar a serenidade. 

Se pinchades na imaxe atoparedes un montón de mandalas para colorear.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día dos Dereitos dos nenos e nenas

 Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas.  Pinchade na imaxe para acceder ao documento.    ...