Rapaces e rapazas, sabedes que sodes o máis importante para nós e queremos que esteades agusto no cole, para poder medrar e aprender moito. Podedes acudir ás vosas titoras e profesores sempre que o precisedes; pero tamén ao Departamento de Orientación a falar coa Orientadora de todo o que consideredes importante para vós. Lembrade que podedes acudir na hora do recreo a falar conmigo, sempre pedindo permiso ao mestre de garda. E se isto non é posible, podedes escribirme un correo ou contestar á enquisa que atoparedes no lateral deste blog.
Contade con nós para todo o que precisedes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario