O Día 6 de outubro conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral, co obxectivo de dar visibilidade e reivindicar as súas necesidades e facilitarlle os apoios que precisan.
A Parálise Cerebral (ocasionada por unha lesión non progresiva no cerebro en desenvolvemento na época fetal ou primeiros anos de vida) afecta ao movemento e a postura, limitando a actividade, pero non a súa capacidade, só precisan das axudas e adaptacións para poder desenvolver as súas capacidades. Teñen os mesmos intereses e os mesmos dereitos que todos e todas nós.
Este xoves, para conmemorar este día e colaborar á sensibilización de toda a Comunidade Educativa, contaremos no centro con persoas de ASPACE Coruña que nos desmostrarán as súas habilidades xogando ao BOCCIA (deporte paraolímpico desde 1984, que ten a súa orixe na adaptación do xogo italiano bocce ou bochas).
Compartiremos a experiencia e as fotos con tod@s. Pero mentras non chega o día, animámosvos a ver o vídeo da campaña deste ano e recomendamos a lectura de libros como "El Reino de los Mil Escalones" (que tamén se pode atopar en galego) no tempo de lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario