Esta semana retomamos o Programa TEI co alumnado de 6º e 4º de EP e a vindeira semana serán os alumnos e alumnas de 5º e 3º os que coñecerán o programa e participarán nas propostas de este ano, que serán un pouco diferentes na forma de plantexarse pero non no fondo xa que, a pesares de non estar físicamente xuntos no patio e tempo de lecer, os nosos titores e titoras, os nosos compañeiros e compañeiras estarán sempre ahí para axudarnos e aprender a convivir.
Co fermoso conto "Hasta que podamos abrazarnos". de Eoin McLaughlin e ilustrado por Polly Dunbar aprenderemos que a pesar da distancia, podemos facer que as persoas que nos importan se sintan ben cerquiña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario