Ainda que estamos en outono e as follas das árbores caducas caen, entre tod@s podemos plantar unha fermosa árbore que creza forte e cheiña de follas. Axudádesme a darlle a volta ao outono?
Propoño que leades o fermoso album de BRITTA TECKENTRUP, "EL ÁRBOL DE LA AMISTAD" co que descubriredes que a amizade é coma unha árbore máxica e fermosa, que só medra si se rega con agarimo e amabilidade cara os outros.
Despois de comentar e reflexionar sobre a lectura propoño que fagades unha fermosa árbore chea de follas con fermosas palabras e xestos de amabilidade, cariño e amizade. Podedes compartir co Departamento de Orientación as vosas árbores. Animádevos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario