O medo, ese sentimento tan habitual e necesario para a nosa supervivencia, fai que en moitas ocasións o noso benestar emocional non sexa o desexado.
É tempo de enfrentarnos aos nosos medos e saber xestionalos. Nas aulas de EI seguimos a traballar as nosas emocións, esta vez toca... MEDO!
Con este fermoso conto aprendimos a transformar os medos que están na nosa imaxinación.
E con esta curta aprenderemos a enfrentarnos aos nosos medos e superarnos.
En colaboración coa Biblioteca compartimos unha serie de recursos que esperamos axuden a entender O MEDO e facilitar estratexias para DARLLE MEDO AO MEDO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario