Hoxe, 27 de outubro, conmemórase o Día Nacional do TDAH co obxectivo de crear conciencia sobre dito trastorno. O alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) forma parte da diversidade de toda aula e da mesma sociedade, estando considerado, ademais, nese gran grupo de alumnado que a normativa básica identifica como alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ANEAE).
O trastorno por déficit de atención e hiperactividade é un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza a manifestarse ao longo da infancia e que inflúe negativamente no funcionamento e no desenvolvemento das nenas, dos nenos e das persoas adolescentes afectadas, manifestándose na familia, na escola, nas relacións interpersoais, nas actividades de lecer, en forma de dificultades para agardar, para concentrarse nunha tarefa, para controlar as accións e emocións, para planificar e solucionar problemas, etc.
Comparto coa Comunidade Educativa o protocolo que pretende ser guía para mellorar a atención educativa do alumnado con TDAH elaborado pola Consellería
Ningún comentario:
Publicar un comentario