PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

mércores, 30 de setembro de 2020

30 de setembro: Día Internacional do TEL

 Hoxe conmemórase o Día Internacional do Trastorno Específico da Linguaxe (TEL).

Desde a Asociación TEL de Galicia (ATELGA) facilitan orientacións ás familias e profesionais sobre dito trastorno. 

Comparto a Guía de intervención elaborada pola asociación  e unha serie de recursos para poder coñecer e entender mellor este trastorno. Pinchade no enlace para acceder.



mércores, 23 de setembro de 2020

MVES +

 A semana pasada iniciouse o programa MVES + deseñado para axudar a todo o alumnado no seu benestar emocional. 

Lucía lembrou para que está no cole unha orientadora, grazas a axuda do seu fiel amigo Potato e dos contos ("La Preocupación de Lucía" para os máis pequenos e "Así es la Vida" para os máis maiores) e practicamos o ABRAZO DE BOLBORETA.






Para Educación Infantil e os primeiros cursos de primaria contamos co  "Botiquín das Emocións" para "curar" as nosas emocións sempre que o precisemos; para os máis maiores contades con este blog e a enquisa "Como estades?" que espero contestedes e que estará sempre á vosa disposición no lateral do blog coa finalidade de facilitar a vosa comunicación e expresión emocional e axudarnos a nós a saber da axuda que podedes precisar.


luns, 21 de setembro de 2020

ABRAZO DE BOLBORETA

 Comezamos unha nova semana con ilusión e alegría. Pero ao mellor, nalgún momento, sentimos certa inquedanaza e desacougo que non nos deixa estar tranquilos/as para afrontar positivamente as nosas tarefas diarias. Para poder acadar unha maior tranquilidade e benestar emocional contamos cun magnífico recurso, o ABRAZO DE BOLBORETA!.

Podémolo practicar sempre que o precisemos xa que é unha técnica de relaxación moi sinxela.  A técnica é simple, consiste en colocar as mans á altura do peito, entrecruzadas coas palmas mirando cara a un mesmo e movelas alternativamente coma se fose o aleteo das ás dunha bolboreta. Pensade neso que vos preocupa e xa veredes como pouco a pouco ides estar mellor.

Podedes velo no seguinte vídeo.



Comezade a xornada escolar con esta sinxela actividade e... a disfrutar do día!



luns, 14 de setembro de 2020

Carta para as familias

 

Estimadas familias:

Cando vivimos unha situación estresante, complicada, dura, emocionalemte intensa… o noso cerebro e o noso corpo entran nun estado de alerta, san e protector, que nos permite estar atentos para afrontar ese perigo ou esa ameaza. Cando a situación pasa, o noso cerebro “apaga” esa alerta, procesa a experiencia e almacénaa na nosa memoria como un feito máis da nosa vida, aprendemos e obtemos novos recursos tras superar esa situación e podemos seguir adiante sen problema no noso día a día.

Pero cando esa situación estresante é demasiado intensa ou dura demasiado tempo convértese en traumática, o cerebro non consegue apagar a alerta e mantense en estado de alarma constante (que manifestarase de moi diversos xeitos: enfado, irritabilidade, angustia, illamento, ensimesmamento, apatía…) polo que non consegue procesar a experiencia adecuadamente, deixando unha pegada no seu desenvolvemento cerebral. Nos nenos e nenas, a súa vivencia dependerá da reacción das súas persoas de referencia  ou dos coidadores principais; interpretarán as situacións segundo a reacción emocional das persoas adultas que o acompañan. Por isto é moi importante que xuntas (escola e familia) traballemos da man para acadar o benestar emocional dos nosos pequenos e pequenas.

 Para axudar a reducir e amortiguar o impacto socio-emocional producido pola crise da COVID-19 e facilitar o regreso á escola e a nova normalidade, desde o centro desenvolverase o programa MVES+ (“Máis cunha Volta á Escola en Sada y sus Contornos”), ao longo de todo o curso pero especialmente neste primeiro trimestre, coa finalidade de : 

- facilitar  actividades de acollida e reencontro que permitan a expresión emocional compartida da vivencia durante o illamento,

           -  detectar alumnado con maior risco de impacto psico-emocional para poder adoptar medidas e axudas de carácter máis extraordinario.

            - Facilitar seguridade ao alumnado e as bases dun apoio emocional para todo o curso.

 Precisamos da colaboración e comprensión  das familias, polo que pregamos comuniquedes ao centro (titora, orientadora, equipo directivo...) calquera inquedanza polo voso fillo ou filla, principalmente en relación ao seu desenvolvemento emocional.

Gustaríanos saber como estades a vivir as familias este regreso ás aulas e animo a toda a Comunidade Educativa a participar neste blog activamente ou comunicarse directamente comigo a través do correo electrónico orientacion@sadaycontornos.es

Alegrámonos de voltar, aínda que con certo temor razoable e a cautela que esixe o momento, esta nova realidade e rutinas escolares. A volta permítenos o reencontro e a continuidade dos proxectos, ao tempo que nos coidamos e protexemos uns aos outros.

O Departamento de Orientación está á vosa disposición para as consultas, dúbidas e axuda que precisedes.

                                    Afectuosamente,

                                                                Lucía.


xoves, 10 de setembro de 2020

Por fin!

 E chegou o esperadísimo día: VOLTAMOS Á ESCOLA!!


 

Con moitísima alegría comezamos este curso  e que mellor xeito que facelo con música e esta divertida canción dunha profe dun cole de La Ronda que nos axuda a aprender as normas para poder parar ao coronavirus que nos mantivo lonxe da escola tanto tempo. Non queremos que isto volva a pasar, verdade? 

Xunt@s o acadaremos!!!  Benvid@s!



luns, 7 de setembro de 2020

Acollida: guía para o profesorado.

Estamos a piques de voltar ás aulas. Pasou moito tempo e o alumnado sufriu un estrés que, agora que por fin voltamos a ter contacto directo, debemos ter en conta e saber como xestionalo e axudarlles na súa nova adaptación á escola.

Comparto para todo o profesora e familias esta magnífica guía elaborada por Macarena Soto Rueda, Laura García Pérez e Marisa Moya Fernández. Pinchade na imaxe para acceder. 





mércores, 2 de setembro de 2020

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2020-2021

Se convocan para el curso académico 2020-2021, las siguientes ayudas:

a) Ayudas directas para los alumnos incluyendo a los afectados por TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividad) que requieran por un periodo de su escolarización o a lo largo de toda ella, determinados apoyos y atenciones educativas específicas derivadas de discapacidad o trastornos graves de conducta.

También podrán ser beneficiarios de ayudas directas los alumnos afectados por TEA (Trastorno del espectro autista) no incluidos en el párrafo anterior y que requieran estos apoyos y atenciones educativas específicas.

b) Subsidios por necesidades educativas especiales derivadas de discapacidad o trastorno grave de conducta para familias numerosas.

También podrán ser beneficiarios de subsidios los alumnos afectados por TEA (Trastorno del espectro autista), pertenecientes a familias numerosas, no incluidos en el párrafo anterior

c) Ayudas para programas específicos complementarios a la educación reglada para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo asociado a altas capacidades intelectuales.

Segundo. Beneficiarios

Podrán solicitar las ayudas los alumnos que no superen una determinada renta y/o patrimonio familiar y que presenten necesidad específica de apoyo educativo derivada de discapacidad o trastornos graves de conducta y que se encuentren cursando en centro específico, en unidad de educación especial de centro ordinario o en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiales, alguno de los niveles educativos no universitarios.

Para obtener el subsidio se requerirá ser miembro de familia numerosa.

Tercero. Solicitudes

Las solicitudes tanto de ayuda como de subsidio deberán cumplimentarse mediante el formulario accesible por internet en la dirección www.educacionyfp.gob.es o a través de la sede electrónica del Ministerio de Educación y Formación Profesional en la dirección https://sede.educacion.gob.es.

El plazo de presentación de solicitudes se extenderá hasta el 30 de septiembre de 2020, inclusive."


Para acceder ao texto completo da convocatoria premer aquí

Para acceder a sede electrónica e toda a información premer aquí


Se tedes dúbidas do procedemento a seguir, na web redcenit.com tedes unha magnífica explicación. Pinchade na imaxe para acceder






Recurso eleborado por Lourdes Otero. Blog http://orientateenperillo.blogspot.com/

martes, 1 de setembro de 2020

CON ILUSIÓN

 Ola a todos e todas! 

Xa estamos de volta, con moitas gañas de vervos e de saber de vós. Comezamos un novo curso con ilusión, aínda que con moita incertidume e certo temor pola situación sanitaria que seguimos a vivir. 

Todo o equipo docente estamos a argallar, dentro das nosas posibilidades, o mellor xeito para enfrentarnos a este novo xeito de ensinar e convivir. Desde o Departamento de Orientación tentaremos axudar en todo o que sexa posible e, lembrade, que estamos aquí para todo aquelo que precisedes. 

Para contactar conmigo podedes chamar ao centro ou enviar un correo electrónico a : 

orientacion@sadaycontornos.es

Este blog tamén é un xeito de participación e comunicación de toda a Comunidade Educativa, así que vos animo a revisar as propostas e información que ao longo das semanas ides poder atopar e a deixar os vosos comentarios e aportacións. Moitas grazas por participar de antemán.

Vémonos axiña!!


Día dos Dereitos dos nenos e nenas

 Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas.  Pinchade na imaxe para acceder ao documento.    ...