PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta Protocolos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Protocolos. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de febreiro de 2021

Protección de datos

Hoxe, 28 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Protección de Datos, data proclamada en 2006 polo Consello de Europa co obxectivo de informar e concienciar sobre os dereitos e obrigacións en materia de protección de datos.

No ámbito europeo, a norma que garante a protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes é o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), plenamente aplicable desde o 25 de maio de 2018.  Pola súa banda, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) adapta a lexislación española ao devandito Regulamento europeo.


Nos centros educativos en xeral, e nos Departamentos de Orientación en particular, manexamos datos persoais que requiren de especial tratamento pola súa confidencialidade. Comparto dúas guías que axudan a entender as nosas obrigas e dereitos en materia de protección de datos. 






mércores, 25 de novembro de 2020

25N: RESPETA O MEU ESPAZO!

 Hoxe conmemórase o Día contra a Violencia de Xénero e a Comunidade Educativa do CEIP Sada y sus Contornos manifesta abertamente o seu rexeitamento a todo tipo de violencia en xeral, e contra a muller especialmente. 

Enténdese por violencia de xénero "calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada."

Recentemente a Consellería publicou a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo que podedes consultar pinchando na imaxe. 


No centro, ao longo de todo o mes e baixo o lema "RESPETA O MEU ESPAZO" traballáronse os valores de igualdade, liberdade e respeto para a prevención de condutas machistas, a través dos recursos facilitados desde a biblioteca escolar, e os sentimentos que nos provocan as accións relacionadas coa violencia de xénero.

De negro, de violeta, hoxe queremos, máis que nunca,  voar libremente e manifestar a nosa condena contra a violencia de xénero.





TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...