PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta Convivencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Convivencia. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de maio de 2026

+ Diversión no tempo de lecer

 As propostas das patrullas DIVER+ para dinamizar o tempo de lecer e mellorar a convivencia no centro están a funcionar. O obradoiro de pulseras é todo un éxito!







sábado, 2 de maio de 2026

Día Contra o Acoso Escolar

 O acoso escolar é un problema grave que afecta a moitos estudantes en todo o mundo. Trátase de condutas repetidas de intimidación, burla ou agresión cara a unha persoa, que poden causar dano emocional, psicolóxico e mesmo físico. Ninguén merece ser tratado dese xeito, e é responsabilidade de toda a comunidade educativa previlo e detelo.

O respecto é a base dunha convivencia sa. Cada estudante é diferente, coas súas propias ideas, gustos e formas de ser, e esa diversidade debe ser valorada, non atacada. Cando alguén sofre acoso, pode sentirse só, triste ou con medo de asistir á escola, o que afecta á súa aprendizaxe e benestar.

Para combater o acoso escolar, é fundamental non quedar en silencio. Se es testemuña dunha situación de acoso, é importante apoiar á persoa afectada e comunicalo a unha persoa adulta de confianza. Do mesmo xeito, quen exerce o acoso debe reflexionar sobre as súas accións e comprender o dano que causa.

Crear un ambiente escolar seguro depende de todos. Fomentar a empatía, o respecto e a inclusión axuda a construír unha comunidade onde cada estudante se sinta valorado e protexido. Dicir non ao acoso escolar é un paso esencial para lograr unha escola máis xusta e humana.

Ao longo destes días a través do visionado de vídeos, lecturas, actividades TEI e Benquerer, carreira ENKI e música aprenderemos a dicir NON AO ACOSO ESCOLAR!

venres, 30 de xaneiro de 2026

DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 Estas semanas estivemos a reflexionar sobre a paz a convivencia e o plasmamos nun fermoso mural marino. 

Nesta presentación compartimos unha selección de curtas e película que invitan a continuar coa reflexión. 

 

martes, 13 de xaneiro de 2026

Novas Patrullas!

 Comezamos o trimestre con novas  Patrullas DIVER+ !

O alumnado voluntario de 6º EP e 5º EP encargarase da dinamización do noso patio. 

Moitas grazas pola vosa colaboración!










luns, 17 de novembro de 2025

Os Dereitos da Infancia: ONG Tierra de Hombres

 Este venres 14 de novembro, contamos coa visita ao noso centro de Marie e María, integrantes da ONG Tierra de Hombres, organización humanitaria internacional que traballa para mellorar as condicións de vida dos nenos máis vulnerables, especialmente nos ámbitos da saúde, as cuestións sociais e os dereitos da infancia.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria estiveron a reflexionar sobre os Dereitos da Infancia e de aqueles máis vulnerables (por exemplo os nenos e nenas de Gaza). 

Moitas grazas Marie e María!

Pinchade na imaxe para acceder ás fotografías. 





domingo, 9 de novembro de 2025

Máis diversión no tempo de lecer!

 Estamos de sorte!!! Esta semana contaremos cunha sorpresa no tempo de lecer, na zona de Bibliopatio.

Pinchade na imaxe para saber de que se trata.



venres, 17 de outubro de 2025

Parellas TEI!

 O alumnado de 3º EP xa sabe quen vai ser o seu titor o titora!. Durante dúas xornadas estiveron a coñecerse e facer actividades conxuntas. Agora xa teñen alguén en quen confiar para solucionar os conflictos, previr posibles problemas de convivencia e,  sobre todo, de acoso escolar. 

Pinchade na imaxe para coñecer as parellas TEI de este curso.






luns, 13 de outubro de 2025

A_MAR de divertido!

 Xa comezou DIVER`+ e estas son algunhas das imaxes que recollen o que están a disfrutar os nenos e nenas de Sada y sus Contornos!. 



venres, 10 de outubro de 2025

TEI: preparados...listos...xa!

 Despois dunhas semanas intensas de formación sobre os verdadeiros valores da convivencia, o noso alumnado de 5º EP xa está preparado para asumir a enorme responsabilidade de ser TITORES TEI!

Parabéns a todos e todas e grazas a Benito (o noso Alcalde) e a Rebeca (a nosa Concelleira de Cultura) polo voso apoio e colaboración. 


Pinchade na imaxe para acceder ás fotografías. 


luns, 6 de outubro de 2025

Diver+ polas aulas

 Hoxe o alumnado de 5º demostrou a súa valía e competencia lingüística e emprendedora explicando polas aulas de Primaria as propostas de xogos de patio que darán comezo mañá. Da gusto escoitalos falar!

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos.




martes, 30 de setembro de 2025

Patrullas DIVER+

 Hoxe sinto orgullo do noso alumnado de 5º EP. Orgullo pola súa actitude de colaboración, empatía, participación, alegría e gañas de aprender e facer. 

Están xa preparadas as patrullas para facer do noso patio un verdadeiro tempo de lecer pata TOD@S.

Grazas pola vosa colaboración!




mércores, 17 de setembro de 2025

TOD@S CONTAMOS!

 Esta semana a nosa orientadora, Lucía, e o seu inseparable axudante, Potato, está a visitar as clases para lembrarnos en que consiste o seu traballo e que temos na escola que nos pode axudar  a sentirnos ben. 

Contamos  e cantamos un fermosísimo conto (Nadarín) e himno (TEI) para lembrar que ...

PODES CONTAR CONMIGO!


Pinchade na imaxe para acceder á presentación








luns, 8 de setembro de 2025

Divertido?

Que está a facer a rapazada? Como pensas que se sinten?

Se pinchades na imaxe poderedes atopar algo máis que divertido....que será?

 

venres, 30 de maio de 2025

Convivencia en Isla Fantasía

 Hoxe a Comunidade Educativa de Educación Infantil do CEIP Pedro Barrie de la Maza (Mondego) e o noso centro disfrutaron dunha fermosa mañá de convivencia. 

Imaxinación, fantasía, diversión e ilusión foron os ingredientes desta xuntanza na que contamos cun gran e fermoso glopo de papel e apareceron os unicornios da illa para todos os maiores de 6º de EI que cambian de etapa. 

Parabéns a toda a Comunidade Educativa!




mércores, 7 de maio de 2025

Disciplina positiva para familias

 En colaboración co CFR de A Coruña e a nosa ANPA, e dentro do Plan de Mellora do centro e actividades PIE programadas, este mércores contamos cun obradoiro sobre Disciplina Positiva para familias, da man de Mónica Carneiro. Un placer escoitala! Continuaremos o vindeiro curso. 



Escuelas Visuales

 A nosa escola forma parte da rede de Escuelas Visuales. O pasado curso escolar participamos no proxecto da Fundación Orange de acompañamento ás escolas para transformarnos nun centro accesible a todo o alumnado, aprendendo sobre ferramentas visuais (señalización, horarios, historias sociais, secuencias, contos visuais, visual thinking, mapas visuais) e este ano continuamos coa implementación desas ferramentas e emprego de ortografía visual, patios visuais e recursos educativos visuais. 

Desde o noso centro recomendamos a participación na próxima convocatoria. Os centros que esteades interesados podedes acceder á sesión informativa do vindeiro 14 de maio. Animádevos a participar!

Comparto información facilitada polo Equipo responsable de Escuelas Visuales.

                                                        "Futuras Escuelas Visuales 25-26.
El próximo Miércoles 14 de Mayo a las 17,00 tendremos en encuentro "Futuras Escuelas Visuales", para todos los coles nuevos que les gustaría empezar el programa el próximo curso. Sólo tienen que registrarse en este enlace: bit.ly/escuelasvisuales2526

martes, 6 de maio de 2025

Superheroes na escola

 


Este luns, o alumnado de 1º e 2º de EP contamos cunha sesión de contacontos da man de Miriam León para concienciarnos sobre a importancia de loitar todos xunt@s contra o acoso escolar. 
Escoitamos o seu  fermoso conto, reflexionamos e aprendimos sendo detectives,  descifrando as pistas para atopar a mensaxe secreta. 

  




martes, 29 de abril de 2025

2 de maio: Día contra o Acoso Escolar

 Ao longo de todo o curso, a través de diferentes actividades englobadas dentro dos programas de centro ( Programa TEI, Escola do Benquerer, Programa Pasando a Bola, Plan Director de Convivencia, Plan de Benestar Emocional, programa de patios e actividades PIE) traballamos o respeto, empatía, emocions e valores encamiñados á mellora da convivencia escolar en xeral e previr o acoso escolar, en particular. 

Na seguinte presentación atoparedes recursos para conmemorar de xeito específico este día e recolle parte das actividades desenvolvidas ao longo deste curso con este fin. 


TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...