Agora que xa somos maiores, celebramos a nosa "graduación" xunto coas nosas familias e co apoio e consellos do alumnado de 1º EP.
A por unha nova Etapa!
Agora que xa somos maiores, celebramos a nosa "graduación" xunto coas nosas familias e co apoio e consellos do alumnado de 1º EP.
A por unha nova Etapa!
Os nenos e nenas de 6º de EI están a piques de comezar unha nova etapa. Son días de moitos nervios preparando a súa "graduación" e coa incertidume dun novo ciclo que, a pesar de ser nun centro xa coñecido, traerá cambios importantes. Para favorecer este tránsito o alumnado de 1º EP axudounos a descubrir en que consiste isto de PRIMARIA. Vai a ser xenial!
O alumnado de 6º EI do CRA de Bergondo foi visitar o centro no que cursarán a nova etapa educativa, que está a piques de comezar, o CPI Cruz do Sar.
É un centro moi grande e bonito pero o que máis nos gustou foi o comedor e a sorpresa que nos tiñan preparada! Puidemos ver o helicóptero da Garda Civil e subirnos ao seu coche e moto!
Pasámolo xenial! Moitas grazas ao equipo docente pola súa axuda e guía.
Os nosos pequenos e pequenas do CRA voan a outro centro. Desde o Departamento de Orientación desexámosvos todo o mellor. Unha nova etapa comeza pero lembrade disfrutar moito de cada momento e medrar amodillo, como Narcisa!
(Conto elaborado por María González Blanco, recollido no libro "Tan Contento con mi Cuento" Historias escritas por niñas y niños. )
Xa somos maiores!
Estamos no remate do curso e os nenos e nenas de Educación Infantil están un pouco nerviosos porque non saben que é iso de Primaria e o cole de maiores. Para favorecer este tránsito desde o Departamento de Orientación intentamos achegar os espazos, estruturas e dinámicas de cara ao vindeiro curso a través da....
BÚSQUEDA DO TESOURO!
Ao longo deste curso todos e todas medramos moito, especialmente os nenos e nenas de 6º EI, que están a piques de rematar esta etapa educativa e comezar Primaria.
O alumnado de 6º de EI do CEIP Sada y sus Contornos, o pasado martes celebramos coas familias que xa somos maiores, e hoxe fixemos un divertido xogo para aprender a movernos de xeito autónomo polo noso centro. Para iso contamos coa axuda do alumnado de 1º EP. Pasámolo xenial e atopamos un rico tesouro!
Pinchade na imaxe para ver algunhas das fotos.
O mesmo fixeron os nenos e nenas do CRA de Bergondo, que foron a coñecer o CPI Cruz do Sar o pasado 30 de maio. Pinchade aquí para acceder ás imaxes de ese día.
Levamos dúas semanas nas que o alumnado de 6º de Educación Infantil, coa axuda do alumnado de Educación Primaria, tanto do CRA de Bergondo como do CEIP Sada y sus Contornos, están á procura dun tesouro.
O alumnado de 6º EI comeza a estar nervioso polo cambio que supón o paso a Primaria. No caso do alumnado do CRA de Bergondo o cambio é maior xa que todos e todas van cambiar a un centro educativo máis grande, con profes, compañeiros e compañeiras novas. Pero estou segura que este cambio vai a ser sinxelo grazas á estupenda xornada de acollida que o CPI Cruz do Sar organizouo pasado venres día 9. Grazas ao Equipo Directivo, mestras de 1º e Departamento de Orientación, pola xornada tan especial que preparáchedes con tanto agarimo.
Aquí tedes un vídeo que recolle algunhas imaxes do acontecido. Pinchade na imaxe para acceder.
O curso está a piques de rematar e os nosos pequenos... xa son maiores!
O alumnado de 6º EI comeza a estar nervioso polo cambio que supón o paso a Primaria. No caso do alumnado do CRA de Bergondo o cambio é maior xa que todos e todas van cambiar a un centro educativo máis grande, con profes, compañeiros e compañeiras novas. Pero estou segura que este cambio vai a ser sinxelo grazas á estupenda xornada de acollida que o CPI Cruz do Sar organizou (a través dunha búsqueda de tesouro) para que alumnado e familias coñezan o novo centro e o seu proxecto educativo e organización. Grazas ao Equipo Directivo e Departamento de Orientación, en especial a Fernando, Silvia e José Antonio pola xornada tan especial que preparáchedes con tanto agarimo.
Aquí tedes un vídeo que recolle algunhas imaxes do acontecido. Pinchade na imaxe para acceder.
Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI, a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados no Curruncho, con xogos cooperativos...