PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta Acoso Escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acoso Escolar. Amosar todas as publicacións

sábado, 2 de maio de 2026

Día Contra o Acoso Escolar

 O acoso escolar é un problema grave que afecta a moitos estudantes en todo o mundo. Trátase de condutas repetidas de intimidación, burla ou agresión cara a unha persoa, que poden causar dano emocional, psicolóxico e mesmo físico. Ninguén merece ser tratado dese xeito, e é responsabilidade de toda a comunidade educativa previlo e detelo.

O respecto é a base dunha convivencia sa. Cada estudante é diferente, coas súas propias ideas, gustos e formas de ser, e esa diversidade debe ser valorada, non atacada. Cando alguén sofre acoso, pode sentirse só, triste ou con medo de asistir á escola, o que afecta á súa aprendizaxe e benestar.

Para combater o acoso escolar, é fundamental non quedar en silencio. Se es testemuña dunha situación de acoso, é importante apoiar á persoa afectada e comunicalo a unha persoa adulta de confianza. Do mesmo xeito, quen exerce o acoso debe reflexionar sobre as súas accións e comprender o dano que causa.

Crear un ambiente escolar seguro depende de todos. Fomentar a empatía, o respecto e a inclusión axuda a construír unha comunidade onde cada estudante se sinta valorado e protexido. Dicir non ao acoso escolar é un paso esencial para lograr unha escola máis xusta e humana.

Ao longo destes días a través do visionado de vídeos, lecturas, actividades TEI e Benquerer, carreira ENKI e música aprenderemos a dicir NON AO ACOSO ESCOLAR!

martes, 6 de maio de 2025

Superheroes na escola

 


Este luns, o alumnado de 1º e 2º de EP contamos cunha sesión de contacontos da man de Miriam León para concienciarnos sobre a importancia de loitar todos xunt@s contra o acoso escolar. 
Escoitamos o seu  fermoso conto, reflexionamos e aprendimos sendo detectives,  descifrando as pistas para atopar a mensaxe secreta. 

  




martes, 29 de abril de 2025

2 de maio: Día contra o Acoso Escolar

 Ao longo de todo o curso, a través de diferentes actividades englobadas dentro dos programas de centro ( Programa TEI, Escola do Benquerer, Programa Pasando a Bola, Plan Director de Convivencia, Plan de Benestar Emocional, programa de patios e actividades PIE) traballamos o respeto, empatía, emocions e valores encamiñados á mellora da convivencia escolar en xeral e previr o acoso escolar, en particular. 

Na seguinte presentación atoparedes recursos para conmemorar de xeito específico este día e recolle parte das actividades desenvolvidas ao longo deste curso con este fin. 


xoves, 27 de marzo de 2025

Día Mundial do Teatro: Pasando a Bola, xogando para cambiar

 O 27 de marzo conmemórase o día Mundial do Teatro e o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP tiveron a sorte de disfrutar na Casa da Cultura, da man da compañía A Xanela do Maxín, da obra PASANDO A BOLA, XOGANDO PARA CAMBIAR, baseada no libro "A banda dos insectos. Pasando a bola".


O alumnado foi integrante activo da representación, para reflexionar de xeito colectivo sobre o Acoso Escolar e sensibilizar sobre o papel activo que cada un de nós debemos ter para acabar con él. Magnífica representación, magníficas reflexións e aprendizaxes!





luns, 14 de outubro de 2024

PODES CONTAR CONMIGO!

 Comezamos coa formación dos titores e titorizados de 5º e 3º EP dentro do programa TEI!





Podemos contar contigo?




xoves, 2 de maio de 2024

2 de maio: Día Contra o Acoso Escolar

 Ao longo do curso son moitas as actividades que estamos a desenvolver para aprender a convivir e respostar activamente contra o Acoso Escolar. 

Hoxe é un día importante porque conmemórase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar e recordaremos nas titorías a importancia de seguir a traballar todos XUNT@S contra todo tipo de violencia entre iguais. 


venres, 15 de marzo de 2024

PUNTO LARANXA: ROMPAMOS CO ACOSO ESCOLAR


Esta semana Lucía e o Señor Potato pasaron polas clases para lembrar a importancia de falar e comunicar todas as situacións que podemos estar a vivir ou ver que van en contra da convivencia e das posibles situacións de acoso escolar, para poder detectalas e frealas o antes posible. 
Puxemos unha perruca laranxa para simbolizar o noso rexeitamento e compromiso de apoio a través da denuncia de posibles  situacións de acoso escolar.
Os máis pequenos xogamos e reflexionamos sobre diferentes conflictos e a súa solución,  a través de historias sociais. E descubrimos un novo lugar seguro do noso cole, tamén laranxa,  onde poder denunciar, de xeito anónimo, situacións de acoso escolar que estamos a sufrir ou que coñecemos. 

O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos. Temos un Punto Laranxa "físico" e outro "virtual".

Pinchade aquí para acceder ao PUNTO LARANXA VIRTUAL.







martes, 2 de maio de 2023

2 de Maio: Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar.

 O rexeitamento á violencia e ao acoso escolar é un dos principios fundamentais do noso centro educativo. Ao longo de todo o curso educamos neste rexeitamento e son moitas as actividades e accións desenvolvidas. Pero con motivo da conmemoración do 2 de Maio, estivemos a traballar de xeito especial a temática, a través de lecturas compartidas, de reflexións de fragmentos extraídos do libro de Alejandro Palomas "Un hijo" e a través de lemas (dentro das propostas do Programa TEI).  Pinchando na imaxe interactiva podedes acceder á música, rexeñas bibliográficas e lemas contra a Violencia e Acoso Escolar. 


Poster anuncio importante moderno creativo azul de Lucía Ruiz Casal

mércores, 29 de marzo de 2023

Aprendendo a convivir

 Continuamos a aprender a convivir. Estes días estamos traballando a tope en equipo. Tod@s están a rematar as súas obras de arte para transformar, unha vez máis, o noso centro nun fermoso museo cheo de esculturas. 

 Aprendemos a construir xunt@s unha escola mellor, na que todas e todos nos axudamos e respetamos. 

Desde o programa TEI puxemos o  noso gran de area a través da actividade de cohesión de ACROSPORT: o alumnado de 5º e 3º (titores e titorizados) realizamos "esculturas" cos nosos corpos.





      



Aproveitamos tamén para poñer en común a nosa opinión sobre o programa TEI e valorar aspectos a mellorar.


Estas actividades foron  completadas coa formación por parte de Iván sobre Acoso Escolar, dentro do Plan Director de Convivencia, desenvolvida o mércores 22 co alumnado de 5º e 6º EP.



O vindeiro trimestre continuaremos coa construción dunha escola na que o respeto e axuda son os nosos piares fundamentais.  






venres, 6 de maio de 2022

TEI NO CAMIÑO

 Esta fin de semana contamos na nosa vila coa celebración do Congreso Nacional TEI. Disfrutaremos dunhas xornadas de intercambio de experiencias e aprendizaxes para mellorar a convivencia escolar e previr o acoso escolar. O alumnado do noso centro educativo vai a estar representado polo alumnado de 6º EP, Nerea e Jorge, que poñerán voz á nosa  experiencia co Programa TEI desde que comezou aló polo ano 2018.

Compartimos presentación e vídeo que resume o noso camiño. 



 Continuaremos  o noso camiño para aprender a convivir da man do TEI. 

luns, 2 de maio de 2022

Día Contra o Acoso Escolar

 Hoxe, 2 de maio, conmemórase o Día Contra o Acoso Escolar. Ao longo deste curso seguimos a traballar para desenvolver no noso alumnado valores que favorecen e convivencia e creen os alicerces para erradicar o Acoso Escolar. 

A reflexión crítica constructiva  de xeito individual e colectivo de lecturas, vídeos e desenvolvemento das actividades propostas no  Programa TEI facilitan o camiño para aprender a SER, a ESTAR e a CONVIVIR.

E para continuar a formarnos sobre o Acoso Escolar, o profesorado temos a sorte de contar esta fin de semana na nosa vila co Congreso TEI no Camiño. Pinchade aquí para inscripción e máis información. Unha pequena representación do noso alumnado de 6º EP expoñerá a súa experiencia co programa. Animádevos a asistir.

Aquí podedes atopar recursos e un resumo das actividades realizadas ata o momento no centro contra o Acoso Escolar.

martes, 15 de marzo de 2022

Plan Director de Convivencia

 Un ano máis participamos no Plan Director de Convivencia.

O “Plan Director para a Convivencia"ofrece aos centros a posibilidade de ofertar charlas informativas, a través das forzas e corpos de seguridade do estado, para mellorar a competencia social de alumnado e familias. Mañá  mércores 16 de marzo abordarase co alumnado de 5º e 6º o acoso escolar en horario lectivo e coas familias ás 18:00h. no Edificio de plenos do Concello de Sada.




venres, 12 de novembro de 2021

Por fin nos coñecemos!

 Este venres os alumnos de 3º tiveron a sorte de coñecer ao seu titor de 5º EP dentro do programa TEI. 

Emprenden agora xunt@s un camiño de aprendizaxe:  a convivir!. 

Os alumnos de 3º, contactarán a través  do correo electrónico co seu titor/a,  cada vez que precisen axuda. Os maiores aprenderán a escoitar e buscar solucións ás problemáticas plantexadas polo seu titorizado, mellorando as súas habilidades sociais. 

As mestras titoras e a orientadora do centro estaremos axudando no proceso, no que eles e elas son os protagonistas. 


xoves, 29 de abril de 2021

2 de maio: Día contra o Acoso Escolar

 O traballo para favorecer a convivencia escolar debe ser continuado e prioritario. Debe comezar desde o inicio da escolarización dos nenos e nenas, a través do fomento das habilidades sociais, valores como a empatía e educación emocional. 

Pero todavía compre  facer visible unha problemática que, de darse, provoca moito sufrimento no alumnado e que entre tod@s debemos traballar para que desapareza: o Acoso Escolar.  Por iso, cada 2 de maio, conmemórase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. 

Compartimos con toda a Comunidade Educativa o traballo realizado este curso: información, formación e como producto final un fermoso vídeo realizado polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, dentro do Programa TEI,  para tod@s. 


luns, 19 de outubro de 2020

Pedra, papel, tesoira.

 Seguro que todos e todas sabedes xogar a este divertido xogo, no que o "máis forte" sempre gaña: o papel gaña á pedra, a pedra gaña ás tesoiras, as tesoiras gañan ao papel. Pero que pensades? Credes que as normas do xogo poden cambiar? Sempre hai que "machacar" ou tod@s xunt@s podemos cambiar as regras do xogo?.  Mirade este vídeo e reflexionade sobre el. Que conclusións podemos exportar á convivencia na escola?


sábado, 2 de maio de 2020

2 de maio: Día contra o Acoso Escolar

Hoxe é o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Considérase acoso escolar calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo dun alumno ou alumna por outro ou outra ou outros, xa sexa de carácter verbal, físico ou psicolóxico, incluído o illamento ou baleiro social, con independencia do lugar onde se produza. Terán a mesma consideración as condutas realizadas a través de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan causa nunha relación que xurda no ámbito escolar.


A Comunidade Educativa debe priorizar a mellora da convivencia dentro dos seus principios fundamentais e artellar medidas e accións encamiñadas á prevención do acoso. Aprender a respetarnos, aprender a ser, aprender a estar, aprender a convivir é un dos piares  da nosa escola.
Desde o curso 2017-2018 o noso centro participa no Programa TEI (Tutoría Entre Iguais) que ten como obxectivo mellorar a convivencia no centro e previr o acoso escolar.
Durante este curso realizaouse a formación específica  do alumnado de 5º e 3º e foron moitas as actividades conxuntas realizadas para a cohesión das parellas. Pero o verdadeiro valor deste programa reside no día a día, no apoio que o alumnado máis pequeno recibe do seu titor de 5º, da amizade e unión que se orixina entre as parellas e a aprendizaxe conxunta na resolución de conflitos e en aprender a convivir, saber escoitar, expoñer as súas inquedanzas, comprender,  xestionar os enfados, buscar solucións pacíficas aos conflitos, rexeitar o abuso, denunciar as accións contrarias á convivencia, respetar, confiar, apoiar, dar seguiridade...

Levamos moitos días na casa pero a preocupación dos titores por saber como estaban os seu titorizados continuaba. Así que tiñamos que seguir adiante co Programa, a pesar da distancia e comezou un intercambio de cartas entre uns e outros. Se pinchades na imaxe poderedes ler algunhas delas.



Debemos seguir a traballar en prol da convivencia e sensibilizar á comunidade educativa sobre o acoso escolar, as súas consecuencias e procurar solucións de carácter preventivo. No seguinte taboleiro podedes atopar recursos para reflexionar e traballar co alumnado.
FAGAMOS XUNTOS UNHA ESCOLA MELLOR: ante unha situación de acoso actúa!




TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...