Esta semana a Orientadora do cole está a pasar polas aulas para axudarnos a entender en que consiste o seu traballo e facer alguha recomendación para poder disfrutar deste curso: debemos coidar a nosa "patata" interior e ser responsables coas aprendizaxes, a convivencia, o coidado do planeta e o consumo responsable.
martes, 28 de setembro de 2021
xoves, 2 de setembro de 2021
AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2021-2022
Ditas becas ofrecen distintos importes como axuda para ensinanza, transporte, comedor, residencia, libros, material didáctico e reeducación pedagóxica ou da linguaxe, de alumnos/as con necesidades derivadas de discapacidade ou trastornos de conduta, ou para programas dirixidos a alumnado con altas capacidades intelectuais.
No BOE nº 183 do 2 de agosto de 2021 convócanse as seguintes axudas (pinchar aquí para acceder a texto completo):
-
Axudas directas para os alumnos incluíndo ao alumnado con TDAH
(Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran apoios e
atencións educativas específicas derivadas de discapacidade,
trastornos
graves de conduta ou de trastornos
graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas
especiais. Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA.
- Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de
discapacidade, trastorno grave de conduta
ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe para familias
numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos afectados por TEA (Trastorno del espectro
autista), pertencentes a familias
numerosas, no incluídos no parágrafo anterior.
- Axudas para programas
específicos complementarios á educación regrada para alumnado
con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
O prazo de presentación de
solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2021, que deberá cumprimentarse mediante formulario accesible no seguinte enlace.
Lurdes Otero elaborou este magnífico resumo.
mércores, 1 de setembro de 2021
Benvid@s ao novo curso 2021-2022!
Ola a todos e todas!!
Xa pasaron as vacacións e voltamos á escola con moita ilusión e gañas de veros e compartir convosco experiencias, soños e aprendizaxes. Seguro que este curso vai ser moi divertido e, aínda que as medidas contra a Covid-19 teñen que seguir, seguro disfrutamos moitísimo.
Unha aperta moi grande e, axiña, tod@s xunt@s a polos nosos soños!!
Día dos Dereitos dos nenos e nenas
Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas. Pinchade na imaxe para acceder ao documento. ...
-
BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes pu...
-
Voltamos ás aulas despois destas merecidas vacacións e comezamos aprendendo máis sobre o Autismo. Pinchade na imaxe para acceder á campaña...
-
Xa pasaron oito meses desde que comezou o curso e os vosos pequenos moito medraron!. A mestra de 4º EI e a orientadora do centro teremos ...