PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta Acollida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acollida. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de setembro de 2023

Benvidos ao novo curso escolar!

 


Comezamos un novo curso cheo de proxectos e ilusión, desexando que todo o noso alumnado  veña con moitas gañas de aprender e desfrutar.

Cada inicio de curso ven acompañado dun montón de nervios, medos, incertidumes... Para facilitar a adaptación dos vosos fillos e fillas á escola non vivades con ansiedade este momento , evitade transmitir os vosos medos e inquedanzas, amosando unha actitude tranquila e alegre ante a volta á escola.Facede comentarios positivos cara a escola e as aprendizaxes. Vir ao colexio é unha sorte!. Amosade interese e valorade positivamente as actividades realizadas na escola, evitando interrogar polo seu sufrimento.Lembrádelle sempre que volveredes a recollelo/a e non mintades sobre o tempo que vai transcorrer nin o que vai facer o pai/nai mentres o neno ou nena está na escola. Non alonguedes as despedidas; deben ser afectuosas e breves e sede moi puntuais á hora de recollelo/a.

Estimulade todo o potencial dos vosos pequenos, facilitade o seu desenvolvemento cognitivo,  motriz, da linguaxe, a súa progresiva autonomía persoal, desenvolvemento social e emocional. Dedicádelle tempo, xogade e desfrutade xunt@s.

Mantede unha comunicación constante coa titora e ante calquera dúbida ou preocupación non dubidedes en poñervos en contacto connosco. Estamos aquí para axudar e desfrutar convosco do crecemento dos vosos fillos e fillas.

Os contos sempre nos axudan nas aprendizaxes. Para facilitar a adaptación ao centro compartimos algúns dos nosos preferidos.







Feliz curso 2023-2024

O centro conta cun Departamento de Orientación coordinado pola Orientadora, que ten como finalidade acadar a  cooperación de toda a Comunidade  Educativa para facilitar o  benestar emocional,  desenvolvemento persoal, social e académico dos vosos fillos e fillas. A Orientadora é un membro do equipo docente que vos pode asesorar na labor educativa e orientarvos na procura de solución aos problemas que poidan xurdir,  podendo contar  coa  súa axuda para todo o que precisedes.



Recordatorio para as familias interesadas: BECAS para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ata 20 de setembro. Máis información no seguinte enlace.


luns, 7 de setembro de 2020

Acollida: guía para o profesorado.

Estamos a piques de voltar ás aulas. Pasou moito tempo e o alumnado sufriu un estrés que, agora que por fin voltamos a ter contacto directo, debemos ter en conta e saber como xestionalo e axudarlles na súa nova adaptación á escola.

Comparto para todo o profesora e familias esta magnífica guía elaborada por Macarena Soto Rueda, Laura García Pérez e Marisa Moya Fernández. Pinchade na imaxe para acceder. 





TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...