Esta semana a nosa orientadora, Lucía, e o seu inseparable axudante, Potato, está a visitar as clases para lembrarnos en que consiste o seu traballo e que temos na escola que nos pode axudar a sentirnos ben.
Contamos e cantamos un fermosísimo conto (Nadarín) e himno (TEI) para lembrar que ...
Hoxe a Comunidade Educativa de Educación Infantil do CEIP Pedro Barrie de la Maza (Mondego) e o noso centro disfrutaron dunha fermosa mañá de convivencia.
Imaxinación, fantasía, diversión e ilusión foron os ingredientes desta xuntanza na que contamos cun gran e fermoso glopo de papel e apareceron os unicornios da illa para todos os maiores de 6º de EI que cambian de etapa.
Este curso os profes andan dando voltas a como dinamizar o tempo de lecer. Mentras os colaboradores de RECREARTE propuxeron subir os xogos do ximnasio ao patio e é todo un éxito!. Grazas polas vosas ideas!!
Moito estamos a aprender e reflexionar co Señor Potato!
Chegar a Tranquilandia, empregar palabras bonitas, poñer nome ás nosas emocións, ter pequenos xestos amables cos que nos rodean, respetar...valorar. SAWABONA!
Estamos moi contentos porque este curso o noso centro vai contar cunha intérprete en Linguaxe de Señas! Para presentar a súa labor e a importancia da comunicación entre as persoas empregaremos o album ilustrado de Anthony Brown, "Cosita Linda", e que enfatiza tamén o valor da amizade e a solidariedade.
Hoxe conmemórase o Día da Saúde Mental, para dar visibilidade aos problemas de Saúde Mental, poñer en valor a súa importancia e procurar melloras a este respecto.
Desde o DO estamos a traballar co alumnado de Eduación Primaria a través do álbum ilustrado "Pequeñas Cosas" e o programa TEI a xestión emocional e beneestar emocional. Compartimos coa Comunidade Educativa o decálogo para fomentar a Saúde Mental nos nenos e nenas en contornas educativas.
Un novo curso comeza, con ilusión e moitas gañas de compartir aprendizaxes e vivenzas.
O Señor Potato e os seus novos amigos están a visitar as aulas para dar a benvida a este novo curso e lembrar que estamos aquí para axudar en todo o que se precise para estar agusto na escola, aprender e medrar como persoa, nas aprendizaxes e a nivel social.
Desde o Departamento de Orientación desexámosvos un próspero curso 2024-2025.
Ao longo do curso son moitas as actividades que estamos a desenvolver para aprender a convivir e respostar activamente contra o Acoso Escolar.
Hoxe é un día importante porque conmemórase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar e recordaremos nas titorías a importancia de seguir a traballar todos XUNT@S contra todo tipo de violencia entre iguais.
O 7 de abril é o Día Mundial da Saúde. Toda persoa ten dereito á protección da súa saúde e acceder a unha atención sanitaria profesional, idónea e responsable. Pero este dereito fundamental está ameazado para milleiros de persoas no mundo.
Ao longo deste trimestre coñeceremos e colaboraremos con diferentes ONGs que traballan en prol de preservar este dereito nos diferentes continentes, dentro das propostas didácticas do proxecto de centro "Sadabona".
Pero... que entendemos por SAÚDE?. O triángulo da saúde axúdamos a explicar a interación que existe entre saúde mental, física e social e que determina a nosa calidade de vida. O vídeos que tedes a continuación pode axudarvos a entender este concepto.
Se contamos cunha boa saúde física, mental e social seremos felices. E se preparamos unha riquísima receita da felicidade?
Na guía de Benestar Emocional atoparemos unha proposta para facer entre todos e todas un menú feliz.
Esta semana Lucía e o Señor Potato pasaron polas clases para lembrar a importancia de falar e comunicar todas as situacións que podemos estar a vivir ou ver que van en contra da convivencia e das posibles situacións de acoso escolar, para poder detectalas e frealas o antes posible.
Puxemos unha perruca laranxa para simbolizar o noso rexeitamento e compromiso de apoio a través da denuncia de posibles situacións de acoso escolar.
Os máis pequenos xogamos e reflexionamos sobre diferentes conflictos e a súa solución, a través de historias sociais. E descubrimos un novo lugar seguro do noso cole, tamén laranxa, onde poder denunciar, de xeito anónimo, situacións de acoso escolar que estamos a sufrir ou que coñecemos.
O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos. Temos un Punto Laranxa "físico" e outro "virtual".
Titores e titorizados, alumnado de 3º e 5º de EP, estiveron practicando a importancia da cooperación e control do corpo para acadar un obxectivo común: representar o alfabeto a través do movemento (figuras de Acrosport). A través da actividade de cohesión proposta para este trimestre dentro do desenvolvemento do programa TEI, con creatividade e compañerismo disfrutaron e melloraron as súas competencias persoais e sociais.
Ao longo desta semana traballaremos de xeito máis específico o rexeitamento a todo tipo de violencia e,especialmente, a violencia contra a muller, baixo o lema de SADABONA:
A través da adaptación do conto Sawabona de Desireé Acevedo comezamos o proxecto deste ano. Baixo a filosofía e o poder do significado da palabra sawabona "YO TE RESPETO, TE VALORO Y ERES IMPORTANTE PARA MI", fomentaremos no noso alumnado o benestar emocional, a autoestima, a convivencia e a regulación emocional.
O libro formará parte da nosa "biblioteca de imprescindibles" para sempre.
Esta semana dou comezo o desenvolvemento do programa TEI deste curso coa formación do alumnado de 5º EP, preparándose con moita ilusión para ser uns bos titores e titoras do alumnado de 3º EP.
Mentres o resto de alumno segue a traballar a educación emocional, a autoestima e as habilidades sociais desde as propostas do programa para as titorías.
Xunt@s aprendemos a convivir!
Pinchade na imaxe para información sobre o programa
Ao longo destes días, a Orientadora do centro acudirá polas aulas a lembrar cal é a súa función no centro e a presentarse como persoa coordinadora de Benestar Emocional e Convivencia.
O camiño á escola sempre merecerá a pena, aínda que, ás veces, sexa máis complicado do que pensabamos. O Departamento de Orientación está aquí para axudarnos pero ... non sempre é quen de facelo, e nesta ocasión son Lucía e Potato as que precisan a colaboración de todo o alumnado do centro para poder axudar a Lecturitas.
Comezamos este trimestre coas pilas cargadas despois dun merecido descanso, non si?
O noso estado emocional é fundamental para afrontar con éxito o noso día a día e ser quen de aprender e disfrutar. Comparto un decálogo para favorecer o benestar emocinal e saúde mental que nos axudará a todes.