PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta TDAH. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TDAH. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de outubro de 2020

Día Nacional TDAH

Hoxe, 27 de outubro, conmemórase o Día Nacional do TDAH co obxectivo de crear conciencia sobre dito trastorno. O alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH)  forma parte da diversidade de toda aula e da mesma sociedade, estando considerado, ademais, nese gran grupo de alumnado que a normativa básica identifica como alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ANEAE).

O trastorno por déficit de atención e hiperactividade é un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza a manifestarse ao longo da infancia e que inflúe negativamente no funcionamento e no desenvolvemento das nenas, dos nenos e das persoas adolescentes afectadas, manifestándose na familia, na escola, nas relacións interpersoais, nas actividades de lecer, en forma de dificultades para agardar, para concentrarse nunha tarefa, para controlar as accións e emocións, para planificar e solucionar problemas, etc.

Comparto coa Comunidade Educativa o protocolo que pretende ser guía para mellorar a atención educativa do alumnado con TDAH elaborado pola Consellería

Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario


Así mesmo, a FUNDACIÓN INGADA  organismo que brinda asistencia a persoas afectadas por TDAH e as súas familias, facilita varios servizos e proxectos para contribuir ao seu  benestar. 
Son varias as  guías para familias e educadores que crearon para dar resposta ás necesidades que manifestan as persoas con TDAH; hoxe quero compartir estas dúas que me aprecen especialmente interesantes (pinchade na imaxe para acceder): 







martes, 19 de maio de 2020

Conduta con rumbo.

A pesar de que estamos en proceso de desescalada do confinamento e temos cada vez máis liberdade de movementos, o estrés da situación que vivimos e seguimos a padecer pode continuar a influir negativamente nos rapaces e rapazas, especialmente  en aqueles nenos e nenas máis vulnerables que xa presentaban algún tipo de trastorno do neurodesenvolvemento.  Comparto aquí unhas guías para as familias con alumnado con TEA,  TDAH e/ou trastorno de conduta  e recomendacións que vos poden axudar se estades a vivir un incremento das condutas desadaptativas nos vosos fillos ou fillas.









TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...