PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

luns, 31 de outubro de 2022

Creando xunt@s!

 O venres celebramos un especial Magosto e Samain, xa que puidemos disfrutar todos xuntos de tempo de lecer, de comer ricas castañas e de mostrar os nosos terroríficos disfraces. Pero o mellor de todo e que aproveitamos a conmemoración para cohesionar máis ás parellas TEI, realizando orixinais retratos con elementos do outono ao estilo do artista Arcimboldo e disfrutando de conversa e  tempo compartido. 



Pinchade na imaxe para ver as fotos


martes, 25 de outubro de 2022

Servizo de Atención Temperá no Concello

 Desde xa hai varios cursos no Concello de Bergondo e desde este curso no Concello de Sada, contamos cun Servizo de Atención Temperá para o alumnado de 0-6 anos. A derivación a dito servizo correspóndelle ao servizo de pediatría. Pero desde o centro educativo podemos derivar ao alumnado que consideremos pode sacar proveito dos especialistas que forman o equipo (logopeda, terapeuta ocupacional y/ou psicóloga), facilitando un informe á familia para que achegue ao pediatra. Se algunha familia está interesada, non dubidedes en acudir ao voso pediatra ou falar co Departamento de Orientación. 

Pinchade na imaxe para máis información


domingo, 23 de outubro de 2022

POR FIN XUNT@S!

 Este venres o alumnado de 5º EP  que serán titores e titoras do alumnado de 3º, dentro do Programa TEI, por fin coñeceron aos seus titorizados e titorizadas. Vivíronse moitos nervios pero sobre todo ilusión, alegría, respeto e convivencia. Disfrutaron dunha actividade de achegamento persoal e coñecemento mutuo, inicio dunha grande amizade. 

Se queredes ver as imaxes e comentarios das parellas TEI pinchade na imaxe. 



xoves, 20 de outubro de 2022

EMOCIÓN - ARTE

 Para regular as túas emocións e sentimentos podes empregar as túas creacións artísticas. 

EMOCION-ARTE é moi sinxelo e necesario. 


mércores, 19 de outubro de 2022

Xa temos TITORES TEI!!

 

Hoxe tivo lugar a entrega dos carnés e diplomas aos titores e titoras TEI de 5º de Educación Primaria. Todos e todas mostraron moita ilusión por comezar a desempeñar o seu labor. Na entrega participaron o alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de educación, María Nogareda. 

Pinchade na imaxe para ver as fotos da xornada.



Que ilusión! Pronto coñecerán aos seus titorizados/as. 



luns, 17 de outubro de 2022

Como estades a levar este curso?

 Rapaces e rapazas, sabedes que sodes o máis importante para nós e queremos que esteades agusto no cole, para poder medrar e aprender moito. Podedes acudir ás vosas titoras e profesores sempre que o precisedes; pero tamén  ao Departamento de Orientación a falar coa Orientadora de todo o que consideredes importante para vós. Lembrade que podedes acudir na hora do recreo a falar conmigo, sempre pedindo permiso ao mestre de garda. E se isto non é posible, podedes escribirme un correo ou contestar á enquisa que atoparedes no lateral deste blog. 

Contade con nós para todo o que precisedes!





xoves, 13 de outubro de 2022

PROGRAMA TEI

 Este ano retomamos con máis forzas ca nunca o Programa TEI, para favorecer a convivencia escolar no noso centro. Todo o centro vai participar no programa pero o alumnado de 3º e 5º EP van ser os verdadeiros protagonistas. Esta semana rematou a formación inicial nas titorías de Educación Primaria e xa contamos co compromiso de todo o alumnado de 5º EP para ser uns TITORES magníficos. Cumplirán todos os requisitos para ter a honra de ser os titores dos alumnos de 3ºEP? Como serán esas parellas titor/a - titorizado/a?... Axiña descubriremos a decisión do Equipo TEI!.


Pinchade na imaxe para saber máis sobre o Programa







xoves, 6 de outubro de 2022

Un gran día con ASPACE!

 E o prometido é deuda! Aquí tedes unha mostra en imaxes da gran experiencia de hoxe, na que aprendimos moito con persoas con parálise cerebral e o seu dominio do Boccia. 

GRAZAS ASPACE POR ENSINARNOS TANTO!


luns, 3 de outubro de 2022

DÍA MUNDIAL DA PARÁLISE CEREBRAL

 O Día 6 de outubro conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral, co obxectivo de dar visibilidade e reivindicar as súas necesidades e facilitarlle os apoios que precisan. 

A Parálise Cerebral (ocasionada por unha lesión non progresiva no cerebro en desenvolvemento na época fetal ou primeiros anos de vida) afecta ao movemento e a  postura, limitando a actividade, pero non a súa capacidade, só  precisan das axudas e adaptacións para poder desenvolver as súas capacidades. Teñen os mesmos intereses e os mesmos dereitos que todos e todas nós. 

Este xoves, para conmemorar este día e colaborar á sensibilización de toda a Comunidade Educativa,   contaremos no centro  con persoas de ASPACE Coruña   que nos desmostrarán as súas habilidades xogando ao BOCCIA (deporte paraolímpico desde 1984,  que ten a súa orixe na adaptación do xogo italiano bocce ou bochas). 

Compartiremos a experiencia e as fotos con tod@s. Pero mentras non chega o día, animámosvos a ver o vídeo da campaña deste ano e recomendamos a lectura de libros como   "El Reino de los Mil Escalones" (que tamén se pode atopar en galego)    no tempo de lectura. 



                           

Día dos Dereitos dos nenos e nenas

 Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas.  Pinchade na imaxe para acceder ao documento.    ...