PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta Paso ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paso ESO. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2026

PASO Á ESO

 O alumnado de 6º EP acudiu este martes a coñecer o centro no que cursarán a nova etapa educativa. Os nervios e incertidume foron desaparecendo ao longo da visita das instalacións e tras as recomendacións de antigos alumnos do noso centro. Moitas grazas por facilitar o tránsito entre etapas!





martes, 17 de xuño de 2025

Paso á ESO

 Os alumnos e alumnas de 6º EP andan un pouco nerviosos con iso do cambio de etapa pero coa visita ao IES Isaac Díaz Pardo de hoxe, na que puideron visitar as instalacións e aclarar dúbidas con alumnado voluntario, a Directora e a Orientadora e reencontrarse con antigos alumnos/as, están moito máis tranquilos. 



Estamos moi orgullosos de todos e todas vós, disfrutade desta nova etapa e lembrade que O CEIP Sada y sus Contornos sempre será o voso cole. Unha forte aperta para tod@s.


venres, 21 de xuño de 2024

Un novo curso que remata

 Hoxe é un día de sentimentos encontrados. Alegría porque chegan as merecidas vacacións despois de tanto traballo pero tamén tristeza porque despedimos a unha nova promoción,  que comeza unha nova etapa educativa e de desenvolvemento, ás súas familias e algunhas mestras que estiveron a traballar con nós este curso. Sempre estaredes no noso corazón.

Moita sorte a todos e todas e felices vacacións!




venres, 7 de xuño de 2024

Marchamos para a ESO!

 A piques de rematar o curso e o paso polo CEIP Sada y sus Contornos do alumnado de 6º EP, hoxe fomos a visitar o centro no que continuarán a nova etapa, o IES Isaac Díaz Pardo. 

Da man de Nila, a Orientadora, e antiguos alumnos/as do noso centro, Martín, Sofía, Vera e Ariana, coñeceron as instalacións, a organización do centro e as materias a cursar e algún que outro consello que seguro que lles é moi útil. 

Grazas á mestra de Oratoria e ao alumnado de 4º da ESO por contarnos boas historias con importantes valores e grazas polo rico bocata que compartimos no tempo de lecer.




martes, 6 de xuño de 2023

A UN PASIÑO DO IES!

O alumnado de 6º EP está a piques de comezar a súa andaina cara unha nova etapa da súa vida: o instituto.

Con nervios e ilusión hoxe disfrutaron dunha breve explicación de que é iso da ESO, recomendacións para enfrentarse a esta nova etapa con éxito e visitaron o IES Isaac Diaz Pardo ao que acudirán o vindeiro curso. Compartimos aquí imaxes do día de hoxe e a presentación realizada pola orientadora. 







domingo, 19 de xuño de 2022

PASO Á ESO

 

A Educación Secundaria é unha etapa educativa que implica unha maior dificultade (pola súa organización, materias, maior número de profesorado…) e esixe un traballo máis intenso. Coincide coa adolescencia, período de cambios no desenvolvemento emocional e físico. Por todo isto será fundamental que os pais esteades ao carón dos vosos fillos/as para FALAR, ESCOITAR e COMPRENDER.

Os rapaces nesta etapa buscan unha maior liberdade, a súa propia identidade, solicitan unha maior autonomía e independencia, e ás veces o fan a través do enfrontamento e oposición aos adultos. Os iguais exercen unha gran influencia e xurden novos intereses.

Neste proceso vital é preciso que os pais sigades a ser un referente de autoridade, fixando límites claros desde o respecto e escoita atenta das súas opinións, e que incrementedes a comunicación con eles mantendo unha relación cálida e, á vez,  esixente. Deixádelle o seu propio espazo pero controlando desde a distancia

Debedes transmitirlles aos vosos fillos/as que estudiar é bo para o seu futuro, e que confiades neles e no seu esforzo. Se queren máis liberdade deben demostrar que son responsables en todos os aspectos da súa vida en xeral, e nos estudos en particular.

Para axudarlles nesta responsabilidade compre fomentar hábitos de estudo na casa, asegurándolles un bo lugar para estudiar,  marcando un  tempo diario de estudo, axudándolle na planificación de tempo de estudo e nas materias que lles costan pero sen facerlles as tarefas. Compre ensinarlles a combinar o tempo de estudo co descanso e ocio de xeito equilibrado.

Será moi positivo  o contacto frecuente co titor/a, así como participar nas actividades de centro. Debedes levar un control das faltas de asistencia dos vosos fillos/as, así como das súas amizades.

Valorade e premiade o esforzo día a día e motivalo para acadar resultados positivos. Implicádevos nas súas actividades e gustos, pero evitando ser “colega” dos vosos fillos/as.

Debedes  estar atentos aos cambios experimentados polo voso fillo/a (de humor, de conduta, costumes). Falade destes cos vosos fillos/as, cos mestres e co Departamento de Orientación do Instituto.

 

Boa viaxe e moita sorte nesta nova etapa. 


Comparto  a presentación realizada co alumnado de 6º EP para favorecer o axeitado cambio de etapa. Pinchade na imaxe para acceder. 


venres, 27 de maio de 2022

Camiño da ESO

 O curso xa está a piques de rematar e todas e todas estamos felices polo traballo realizado pero tamén cansos,  e nerviosos polo futuro que nos espera, principalmente o alumnado de 6º EP que o vindeiro curso comezará unha nova etapa. 

Para facilitar este tránsito á ESO, visitamos o IES Isaac Díaz Pardo, onde a maioría cursarán 1º da ESO.

Dan man de alumnado colaborador, a Orientadora  e a Directora do Centro coñecimos as instalacións do centro, algunhas das actividades que se realizan, as asignaturas e organización cara o curso que ven... (aínda que todavía quedan cousas por decidir). 

Disfrutamos dunha rica merenda nos xardíns e, sobre todo, quitamos os nosos medos e dúbidas. Cada vez temos máis ilusión por comezar esta nova etapa!



Moitas grazas ao IES ISAAC DÍAZ PARDO




martes, 8 de xuño de 2021

Xa somos maiores: imos á ESO!

 O remate do curso xa está aquí e con el o cansancio polo esforzo e o  traballo realizado e, ao alumnado de 6º EP,  sumánselle  os nervios polo importante cambio que supón o paso ao Instituto; unha nova etapa chea de retos, aprendizaxes, descubrimentos e emocións.

Para facilitar este tránsito e calmar as posibles inquedanzas, os Departamentos de Orientación e Equipos Directivos do Instituto ao que estamos adscritos (IES Isaac Díaz Pardo) e o noso centro coordinamos actividades informativas que poidan axudar ao alumnado e as familias. No noso centro realizaremos unha charla nas titorías e faremos unha videoconferencia co IES o mércores día 9, ás 19:00h. para coñecer un pouco máis o instituto, como está organizado e aclarar todas as nosas dúbidas.

Boa viaxe e lembrade que sempre estaredes nos nosos corazóns!

Para acceder a un resumo do falado na reunión pinchade aquí.


xoves, 11 de xuño de 2020

Visitamos o IES Isaac Díaz Pardo

Rapaces e rapazas de 6º, lembrade que hoxe temos a charla co IES Isaac Díaz Pardo. Compartiron hoxe na súa web o vídeo para facer unha  visita virtual. Premede aquí ou na imaxe para acceder.
Vémonos á tarde para aclarar todas as dúbidas que teñades.



Grazas ao IES Isaac Díaz Pardo pola súa colaboración.

mércores, 10 de xuño de 2020

Charla desde o IES

Por si alguén aínda ten dúbida sobre como acceder á charla que desde o IES nos van a ofrecer comparto este vídeo onde explica como acceder a través do servizo de videoconferencias Webex


martes, 9 de xuño de 2020

Xa somos maiores: Marchamos para a ESO!

Queridos rapaces e rapazas de 6º:

Canto crecimos!
Hai ben pouco entrabades na escola aferrados ás mans das vosas familias, con medo, sorpresa, pranto... algúns con alegría. Pasaron nove anos nun abrir e pechar de ollos e xa estades listos para deixar esta escola e entrar... no INSTITUTO. A gran maioría, o primeiro día volveredes a ir na compaña da vosa familia, pero esta vez, aínda que poida que co medo tamén no corpo, seguro que con menos lágrimas.
Para que ese tránsito a unha nova etapa que axiña ides comezar sexa máis doado, a pesar de estar na distancia (e asegúrovos que todas e todos as mestras do cole e do IES desexaríamos que puidese ser doutro xeito, "en vivo y en directo") argallamos (en colaboración co Departamento de Orientación do IES Isaac Díaz Pardo)  unha serie de actividades para explicarvos con que vos ides atopar o vindeiro curso e poidades empezar o novo curso con alegria e seguridade.

O primeiro que fixemos foi preparar unha presentación para tod@s (alumnado e familias) onde se aclaran aspectos clave sobre a ESO (organización, materias, avaliación...), sobre a matrícula e o vindeiro curso, algunhas normas do IES Isaac Díaz Pardo e recomendacións para poder afrontar con éxito a nova etapa.  Debedes acceder á presentación pinchando na imaxe e lela coidadosamente, na compaña da vosa familia. Se tedes dúbidas apuntádeas nun papel!



Ademáis desde o IES prepararon un vídeo para que o coñezades un pouco, xa que non se puido realizar a visita coma todos os anos. Seguro que vos gusta!

O xoves día 11 ás 17:30 estaremos invitados a unha charla virtual coa Orientadora (Nila) e algún membro do Equipo Directivo do IES Isaac Díaz Pardo onde nos aclararán todas as dúbidas que teñades. É voluntario asistir pero penso que vai ser unha reunión moi positiva para tod@s (alumnos/as e familias). Ao longo do día 10 chegaravos ao voso correo unha invitación para incorporarse á reunión ese día.
Vémonos o xoves!

TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...