Continuamos a aprender a convivir. Estes días estamos traballando a tope en equipo. Tod@s están a rematar as súas obras de arte para transformar, unha vez máis, o noso centro nun fermoso museo cheo de esculturas.
Aprendemos a construir xunt@s unha escola mellor, na que todas e todos nos axudamos e respetamos.
Desde o programa TEI puxemos o noso gran de area a través da actividade de cohesión de ACROSPORT: o alumnado de 5º e 3º (titores e titorizados) realizamos "esculturas" cos nosos corpos.
Aproveitamos tamén para poñer en común a nosa opinión sobre o programa TEI e valorar aspectos a mellorar.
Estas actividades foron completadas coa formación por parte de Iván sobre
Acoso Escolar, dentro do Plan Director de Convivencia, desenvolvida o mércores 22 co alumnado de 5º e 6º EP.
O vindeiro trimestre continuaremos coa construción dunha escola na que o respeto e axuda son os nosos piares fundamentais.