PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

domingo, 30 de xaneiro de 2022

Feliz Día da Paz!

 Hoxe conmemórase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. O noso centro conmemorouno o pasado venres reflexionando sobre que é a paz, recitando, cantando, bailando e construíndo entre todos e todas unha árbore con materiais de reciclaxe que se situará no recuncho da paz e resolución pacífica de conflitos. Ao redor desta fermosa árbore sentarémonos a dialogar, a escoitar e poñernos na pel dos demáis para resolver conflitos  e  voltar á calma, si así o precisamos. 

Fermoso día, fermosa conmemoración, fermoso traballo en equipo, fermosa árbore...

fermosa escola cultivando a PAZ!






venres, 28 de xaneiro de 2022

Xunt@s construímos!

 Hoxe fago referencia á actividade desenvolvida co alumnado do CRA de Bergondo co que disfrutei o día de hoxe. Contamos un dos meus contos preferidos que xa recomendei en máis ocasións "Las Ciudades de Colores" de María Bautista e Raquel Blázquez. 



É un conto acumulativo que nos ensina a respetar a diversidade e valorarla como algo enriquecedor, que nos ensina a entender a búsqueda de identidade dun mesmo, a importancia da compañía e amizade  e que xuntos podemos "construir" todo o que queiramos. 

Eu o emprego para observar o razoamento,  xogar e crear cos pequenos e pequenas. E sempre me sorprenden!! Os Silvosiños sons todos un artistas!








mércores, 19 de xaneiro de 2022

"Tú como yo"

 Este trimestre ven cargadiño de proxectos e formación complementaria para o noso alumnado que iremos contando a través do noso blogue (sensibilización sobre diversidade, alimentación saúdable, educación afectivo-sexua...)

Comezamos esta semana pasada coa charla virtual para alumnado de 5º EP a cargo de ASPACE para coñecer un pouco máis a Parálise Cerebral, a asociación e sensibilizar ao alumnado de  que, en realidade, non hai tantas cousas que nos diferencian. 

Pero as novas tecnoloxías xogáronnos unha mala pasada e a conexión foi complicada polo que acordamos "vernos en persoa" no mes de abril, se a situación sanitaria o permite. Esperemos que así sea!! Temos moitas gañas de aprender de vós. 




Día dos Dereitos dos nenos e nenas

 Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas.  Pinchade na imaxe para acceder ao documento.    ...