martes, 25 de novembro de 2025
luns, 25 de novembro de 2024
25N: Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.
Para favorecer a prevención da violencia de xénero é preciso que nos plans de centro a (Proxecto educativo de centro, Plan de Convivencia, Programa de Acción Titorial, Plan de Benestar Emocial e Plan de Igualdade…) se establezan actividades que estean encamiñadas ao fomento do Bo Trato.
Partir do Bo Trato é fomentar relacións respectuosas, positivas e igualitarias. Desde xeito o modo de relacionarnos e vincularnos é a través dos coidados emocionais e a responsabilidade afectiva.
O obxectivo fundamental é a convivencia harmónica entre os sexos, previndo a violencia en calquera das súas manifestacións e en calquera dos espazos, físico e virtual.
O traballo continuado a través de actividades encamiñadas a poñer en valor a diversidade persoal, de xénero, familiar, encamiñadas á reflexión sobre a discriminación, esteriotipos sexistas, condutas machistas, violencia... o emprego de linguaxe inclusiva, actitudes de respeto e aceptación... son o camiño para eliminar a violencia contra a muller.
E hoxe, todo o alumnado, disfrutamos, reflexionamos e aprendimos a través da sesión de contacontos do fermoso libro ROSA CARAMELO, HISTORIA DOS BONOBONOS CON LENTES e ARTURO E CLEMENTINA.
luns, 20 de novembro de 2023
25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Ao longo desta semana traballaremos de xeito máis específico o rexeitamento a todo tipo de violencia e,especialmente, a violencia contra a muller, baixo o lema de SADABONA:
Respéctote, Valórote, Ti es importante para min
TEI: titores diplomados!
Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI, a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados no Curruncho, con xogos cooperativos...
-
Que está a facer a rapazada? Como pensas que se sinten? Se pinchades na imaxe poderedes atopar algo máis que divertido....que será?
-
E esta semana seguimos a practicar e aprendemos os meses do ano. Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo.



