Con moitísima alegría comezamos este curso e que mellor xeito que facelo con música e esta divertida canción dunha profe dun cole de La Ronda que nos axuda a aprender as normas para poder parar ao coronavirus que nos mantivo lonxe da escola tanto tempo. Non queremos que isto volva a pasar, verdade?
O significado das palabras pode cambiar en función do contexto e as circunstancias. Esta pandemia cambiou a nosa percepción do mundo e desde La Caixa e o programa CaixaProinfancia levaron a cabo unha mágnífica idea: realizar un "Diccionario para soñar por casa".
Cada letra do abecedario ten unha palabra explicada co significado que lle atribuímos nestes tempos de Coronavirus. Paréceme unha fermosa idea que invito a ler e propoño facer o noso Dicionario do Coronavirus. Se vos apetece colaborar, pinchando aquí, atoparedes un documento que recolle as letras do abecedario e proposta de palabras para definir. Podedes explicar o significado que para cada un de vós ten unha desas palabras ou engadir palabras novas. Animádevos!
Na procura de recursos pola rede atopei esta estupenda guía para fomentar o benestar emocional dos vosos fillos e fillas que espero vos axude. Lembrade que é fundamental falar das emocións cos nenos e nenas, guialos na súa identificación e na procura dunha axeitada xestión. Esta guía do Gobierno de Aragón recolle propostas para axudar na xestión de emocións como a tristeza, enfado, medo, aburrimento e preocupación.
Temos moito tempo por diante e, ás veces, despois de rematar as tarefas da escola estou un
pouco aburrida. Pero creo que atopei unha solución :
PROPÓÑOVOS UN
RETO!!
Irei propoñendo diferentes retos que creo que poden ser divertidos e dos que podemos aprender.
Hoxe será o
primeiro de moitos. Animádesvos a participar?
Para os máis pequenos propoño participar no reto de Santiago
Santana. Este reto pretende facer nos conscientes da importancia
de lavar as mans con frecuencia para evitar o contaxio.
Papá ou mamá pintarán
un virus nas mans e haberá que facelo desaparecer ao longo do día, tras lavarse
con frecuencia as mans. Anímate a conseguilo!
Para que vexades
a importancia do xabrón e como actúa contra “o bicho” deixovos este novo reto: realizar o experimento que nos propoñen desde aulasgalegas.org e aprender como funcionan os virus.