A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, dentro das iniciativas de apoio sociofamiliar, está a desenvolver o PROXECTO CoidamosTEA, que pretende reforzar a capacitación das familias a partir de dúas accións de apoio: Informativa e Orientativa.
luns, 29 de novembro de 2021
domingo, 28 de novembro de 2021
Diveresidade familiar
Dende a Confederación ANPAS GALEGAS comparten a "Guía da diversidade familiar", un traballo que se enmarca no programa contra a violencia de xénero e no que participa o finanzamento da Secretaría Xeral da Igualdade.
Pinchade na imaxe para acceder a ela.
xoves, 25 de novembro de 2021
25 N: educando contra a Violencia de Xénero
A educación é o camiño para erradicar a violencia que se exerce cara as mulleres. Debemos educar para fomentar cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que permitan unha convivencia positiva, con xustiza social, equidade e igualdade.
Este ano baixo o lema "Darlle a volta está nas nosas mans" , tendo como referente visual o polbo, reflexionaremos sobre a violencia de xénero e como darlle a volta, representando oito xeitos de amar coas mans nas patas do polbo.
sábado, 20 de novembro de 2021
Dereito a educación INCLUSIVA
O 20 de novembro conmemórase que no 1959 a Asamblea Xeral da ONU aproba a Declaración dos Dereitos da Infancia, Desde entón, cada 20 de novembro recordamos a importancia dos dereitos á educación, saúde e protección coa que contan TOD@S os NEN@S.
xoves, 18 de novembro de 2021
Educación emocional en EI
Desde o Departamento de Orientación levamos a cabo, un ano máis, unha intervención directa cos diferentes grupos- aula de Educación Infantil. Esta cumpre unha dobre finalidade: por unha parte, observar, coñecer e facer un seguimento a través das diferentes actividades plantexadas ao alumnado do seu desenvolvemento persoal, académico e social, así como detectar posibles dificultades de xeito temperá para poder intervir o antes posible; por outra banda, contribuír ao desenvolvemento da intelixencia emocional e fomento do gusta pola lectura de xeito temperá.
As actividades parten da lectura dun conto. Estas son as lecturas levadas a cabo no que vai de curso.
venres, 12 de novembro de 2021
Por fin nos coñecemos!
Este venres os alumnos de 3º tiveron a sorte de coñecer ao seu titor de 5º EP dentro do programa TEI.
Emprenden agora xunt@s un camiño de aprendizaxe: a convivir!.
Os alumnos de 3º, contactarán a través do correo electrónico co seu titor/a, cada vez que precisen axuda. Os maiores aprenderán a escoitar e buscar solucións ás problemáticas plantexadas polo seu titorizado, mellorando as súas habilidades sociais.
As mestras titoras e a orientadora do centro estaremos axudando no proceso, no que eles e elas son os protagonistas.
Día dos Dereitos dos nenos e nenas
Cada 20 de novembro conmemórase a Convención dos Dereitos da Infancia de Nacións Unidas. Pinchade na imaxe para acceder ao documento. ...
-
BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes pu...
-
Voltamos ás aulas despois destas merecidas vacacións e comezamos aprendendo máis sobre o Autismo. Pinchade na imaxe para acceder á campaña...
-
Xa pasaron oito meses desde que comezou o curso e os vosos pequenos moito medraron!. A mestra de 4º EI e a orientadora do centro teremos ...