PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta Orientacións familia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Orientacións familia. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de setembro de 2025

BENVID@S!



Benvidos á escola!

Empezar un novo ano escolar é sempre unha experiencia emocionante chea de oportunidades para aprender e crecer. Teredes a oportunidade de explorar novas materias, coñecer a compañeiros e compañeiras novos, e desenvolver habilidades que  serán útiles ao longo da vida. Lembrade que cada día será unha nova oportunidade para descubrir algo novo, así que aproveitade ao máximo os recursos e as experiencias que a escola vos ofrece. Se necesitades axuda ou consello, non dubides en acudir aos  profesores ou compañeiros. E sempre poderedes contar co Departamento de Orientación. 

O centro conta cun Departamento de Orientación coordinado pola Orientadora, que ten como finalidade acadar a  cooperación de toda a Comunidade  Educativa para facilitar o  benestar emocional,  desenvolvemento persoal, social e académico do alumnado. A Orientadora é un membro do equipo docente que vos pode asesorar na labor educativa e orientarvos na procura de solución aos problemas que poidan xurdir,  podendo contar  coa  súa axuda para todo o que precisedes.


Cartel poster taller de dibujo para niños ilustrativo infantil multicolor de Lucía Ruiz Casal

martes, 30 de abril de 2024

Moito medramos!

 Xa pasaron oito meses desde que comezou o curso e os vosos pequenos moito medraron!. 

A mestra de 4º EI e a orientadora do centro teremos  esta tarde unha xuntanza coas familias para falar da evolución dos seus fillos e fillas e facilitar algunha recomendación para seguir a estimular o seu crecemento. 

Compartimos aquí a presentación. 


luns, 18 de decembro de 2023

Xoguetes en nadal

 É tempo de ilusión e agasallos e desde o DO queremos compartir unha serie de recomendacións para que Papá Noel e os Reis Magos teñan en contan. Pinchade na imaxe para acceder.



mércores, 4 de outubro de 2023

Grupo de Nais e Pais pola Saúde

 




Para as familias interesadas, informamos da actividade gratuíta que se leva a cabo pola a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos, en colaboración coa Consellería de Sanidade, aberta a todos os pais e nais que queiran compartir un espazo de comunicación e coñecemento:  en distintas reunións trataranse, entre todos e todas, aqueles temas que son de interese e preocupación para nais e pais á hora de educar os nosos fillos e fillas, relacionados coa vida familiar e social como as normas e os límites na familia, o uso de internet e o móbil, a escola e a familia, os problemas de conduta e os hábitos de vida saudables, entre outros posibles temas.

A periodicidade será dunha xuntanza mensual de outubro de 2023 a xuño de 2024. no Edificio de Servizos Sociais do Concello de Betanzos, sendo o horario de 20:00 a 21:00 horas.

As inscricións poderanse entregar no edificio de Servizos Sociais do Concello en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Tamén se pode enviar a inscrición ao enderezo electrónico updca@betanzos.net e a data límite é o luns 23 de outubro.

Ademáis poden facerse as inscripcións en liña premando aquí: https://forms.gle/zmAXnE17jFHx91Gv8

luns, 11 de setembro de 2023

Benvidos ao novo curso escolar!

 


Comezamos un novo curso cheo de proxectos e ilusión, desexando que todo o noso alumnado  veña con moitas gañas de aprender e desfrutar.

Cada inicio de curso ven acompañado dun montón de nervios, medos, incertidumes... Para facilitar a adaptación dos vosos fillos e fillas á escola non vivades con ansiedade este momento , evitade transmitir os vosos medos e inquedanzas, amosando unha actitude tranquila e alegre ante a volta á escola.Facede comentarios positivos cara a escola e as aprendizaxes. Vir ao colexio é unha sorte!. Amosade interese e valorade positivamente as actividades realizadas na escola, evitando interrogar polo seu sufrimento.Lembrádelle sempre que volveredes a recollelo/a e non mintades sobre o tempo que vai transcorrer nin o que vai facer o pai/nai mentres o neno ou nena está na escola. Non alonguedes as despedidas; deben ser afectuosas e breves e sede moi puntuais á hora de recollelo/a.

Estimulade todo o potencial dos vosos pequenos, facilitade o seu desenvolvemento cognitivo,  motriz, da linguaxe, a súa progresiva autonomía persoal, desenvolvemento social e emocional. Dedicádelle tempo, xogade e desfrutade xunt@s.

Mantede unha comunicación constante coa titora e ante calquera dúbida ou preocupación non dubidedes en poñervos en contacto connosco. Estamos aquí para axudar e desfrutar convosco do crecemento dos vosos fillos e fillas.

Os contos sempre nos axudan nas aprendizaxes. Para facilitar a adaptación ao centro compartimos algúns dos nosos preferidos.







Feliz curso 2023-2024

O centro conta cun Departamento de Orientación coordinado pola Orientadora, que ten como finalidade acadar a  cooperación de toda a Comunidade  Educativa para facilitar o  benestar emocional,  desenvolvemento persoal, social e académico dos vosos fillos e fillas. A Orientadora é un membro do equipo docente que vos pode asesorar na labor educativa e orientarvos na procura de solución aos problemas que poidan xurdir,  podendo contar  coa  súa axuda para todo o que precisedes.



Recordatorio para as familias interesadas: BECAS para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ata 20 de setembro. Máis información no seguinte enlace.


luns, 19 de xuño de 2023

Unha nova etapa: Educación Primaria!

 

Levamos dúas semanas nas que o alumnado de 6º de Educación Infantil, coa axuda do alumnado de Educación Primaria, tanto do CRA de Bergondo como do CEIP Sada y sus Contornos, están á procura dun tesouro.

O alumnado de 6º EI comeza a estar nervioso polo cambio que supón o paso a Primaria. No caso do alumnado do CRA de Bergondo o cambio é maior xa que todos e todas van cambiar a un centro educativo máis grande, con profes, compañeiros e compañeiras novas. Pero estou segura que este cambio vai a ser sinxelo grazas á estupenda xornada de acollida que o CPI Cruz do Sar organizouo pasado venres día 9. Grazas ao Equipo Directivo, mestras de 1º e Departamento de Orientación,  pola xornada tan especial que preparáchedes con tanto agarimo.

Aquí tedes un vídeo que recolle algunhas imaxes do acontecido. Pinchade na imaxe para acceder. 





O alumnado de 6º EI do CEIP Sada y sus Contornos ten un cambio máis sinxelo, xa que  son coñecedores de case todos os espazos, mestres e compañeiros/as. Aínda así, hoxe,  o alumnado de 1º EP axudáronlles neste cambio e explicáronlles que é iso de Primaria e xunt@s descubriron diferentes espazos do centro, compartiron tempo de lecer e diversión. Pinchade na imaxe para ver fotos e vídeos da aventura polo cole!







E aquí as recomendacións desde o Departamento de Orientación para que o cambio sexa máis doado.


martes, 6 de xuño de 2023

A UN PASIÑO DO IES!

O alumnado de 6º EP está a piques de comezar a súa andaina cara unha nova etapa da súa vida: o instituto.

Con nervios e ilusión hoxe disfrutaron dunha breve explicación de que é iso da ESO, recomendacións para enfrentarse a esta nova etapa con éxito e visitaron o IES Isaac Diaz Pardo ao que acudirán o vindeiro curso. Compartimos aquí imaxes do día de hoxe e a presentación realizada pola orientadora. 







luns, 8 de maio de 2023

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 23-24

 Desde o día de hoxe,  8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive, estará aberto o prazo para solicitar a beca para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.


Poderán solicitar as axudas o alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

As solicitudes deben ser cubertas por Internet e entregadas posteriormente no centro educativo onde o alumno ou alumna estea escolarizado no curso 23-24. 

Acceso á solicitude: https://sede.educacion.gob.es/portada.html

Ditas becas  ofrecen distintos importes como axuda para ensinanzatransportecomedorresidencialibrosmaterial didáctico e reeducación pedagóxica ou da linguaxe ou para programas dirixidos a alumnado con altas capacidades intelectuais.

No BOE nº 99 do 26 de abril de 2023 convócanse as seguintes axudas (pinchar aquí para acceder a texto completo): :

 

-           incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade,   trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA.

-           por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade,   trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe para familias numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos afectados por TEA (Trastorno del espectro autista), pertencentes a familias numerosas, no incluídos no parágrafo anterior.

 Máis información aquí.

martes, 11 de abril de 2023

A polo 3º trimestre!

 Comezamos este trimestre coas pilas cargadas despois dun merecido descanso, non si? 

O noso estado emocional é fundamental para afrontar con éxito o noso día a día e ser quen de aprender e disfrutar. Comparto un decálogo para favorecer o benestar emocinal e saúde mental que nos axudará a todes.


Pinchade na imaxe para acceder ao documento


domingo, 12 de febreiro de 2023

14 febreiro: Conferencia TEA alto funcionamento en A Coruña

 Por si é de interese da Comunidade Educativa, informamos da conferencia sobre TEA de alto funcionamento que organiza a Federación Autismo Galicia este martes 14 de febreiro.  Para máis información pinchade na imaxe.



luns, 19 de decembro de 2022

Xoguetes para aprender

 O Nadal xa está aquí e é tempo de disfrutar da familia, das amizades, de compartir e de disfrutar do tempo de ocio. É tempo de xogo e recibir algún agasallo que nos deixa Papá Noel e/ou os Reis Magos. 

Papá Noel e os Reis Magos saben, como Marian Moreno (experta en coeducación), que unha infancia que xoga e aprende en igualdade, será unha poboación adulta democrática, pacífica e feliz. Por iso os xoguetes e os xogos deben estar alonxados de estereotipos sexistas. 

Para poder elexir un bo xoguete sen esteriotipos sexistas para este Nadal compartimos esta guía realizada polo Ministerio de Consumo.


Pinchade na imaxe para acceder


mércores, 7 de decembro de 2022

Recursos para atención á diversidade

 Desde a Federación  Down Galicia facilitan información, recursos e materias para atender á diversidade das aulas.  Para acceder pinchade na imaxe.

Desde o DO recomendamos os materiais relacionados co Diseño Universal de Aprendizaxe, para favorecer o acceso a todo o alumnado ás aprendizaxes e materiais. Pinchade aquí para acceder

luns, 28 de novembro de 2022

Día das Persoas con Discapacidade

 Achégase a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade e ao longo destes días imos traballar que é iso da discapacidade, a diversidade e realizaremos diferentes actividades encamiñadas á sensibilización e formación para acadar unha verdadeira sociedade inclusiva. 


xoves, 17 de novembro de 2022

Día internacional para a prevención do abuso sexual infantil

 O vindeiro 19 de novembro conmemórase o Día internacional para a prevención do abuso sexual infantil. 

Ao longo deste curso, en colaboración coa Fundación MENIÑOS e o seu programa "Colexio do Benquerer", imos traballar co alumnado de 5º e 6º EP a educación afectivo-sexual, abordándoa desde o respecto e o bo trato, e tendo como fío condutor a igualdade, a educación emocional e desenvolvemento crítico. As actividades estarán encamiñadas a traballar o coñecemento persoal e aceptación, a diversidade, a comunicación e educación emocional e a prevención do abuso sexual infantil. 

Os nenos e nenas deben aprender a identificar os seus límites persoais (a recoñecer cando alguén os traspasa), a dicir que non, a aprender a identificar os segredos que poden ser daniños para si ou outras persoas, e a identificar a súa rede de persoas de confianza. 

A literatura infantil vainos axudar a traballar todos estes aspectos. Comparto aquí dúas lecturas recomendadas: 






martes, 25 de outubro de 2022

Servizo de Atención Temperá no Concello

 Desde xa hai varios cursos no Concello de Bergondo e desde este curso no Concello de Sada, contamos cun Servizo de Atención Temperá para o alumnado de 0-6 anos. A derivación a dito servizo correspóndelle ao servizo de pediatría. Pero desde o centro educativo podemos derivar ao alumnado que consideremos pode sacar proveito dos especialistas que forman o equipo (logopeda, terapeuta ocupacional y/ou psicóloga), facilitando un informe á familia para que achegue ao pediatra. Se algunha familia está interesada, non dubidedes en acudir ao voso pediatra ou falar co Departamento de Orientación. 

Pinchade na imaxe para máis información


martes, 15 de marzo de 2022

Linguaxe Oral en Educación Infantil

Desde a Asociación Galega de Mestres de Audición e Linguaxe (AGMAL) fannos chegar un dossier con información sobre o desenvolvemento da linguaxe dos nenos e nenas de 2-6 anos, así como pautas para favorecer o seu axeitado desenvolvemento, que compartimos con toda a Comunidade Educativa por si é da vosa axuda. Pinchade na imaxe para acceder ao documento. 





venres, 26 de marzo de 2021

XANELA ABERTA Á FAMILIA

 “Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.






Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos.



luns, 15 de marzo de 2021

Uso responsable dos dispositivos tecnolóxicos

 O beneficio do uso dos recursos tecnolóxicos e internet na nosa sociedade é innegable. Pero debemos fomentar un uso seguro e saudable desde a primeira infancia. 

Desde o Departamento de Orientación compartimos unha serie de guías que esperamos sexan da vosa axuda e recomendamos o visionado  da charla de Rafael Guerrero difundida pola Fundación Abanca "Como impactan os dispositivos tecnolóxicos no cerebro e desenvolvemento dos nenos e nenas"

Podes pinchar tamén neste enlace para acceder.






TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...