O prazo para presentar as solicitudes estará aberto dende o 30 de abril ata o 11 de setembro de 2025, ambos incluídos.
PASOS:
1. A familia cubre a
solicitude por sede (ollo! de presentarse varias versións, só se terá en conta
a última).
2. A conta corrente que figura na solicitude debe ter como
cotitular ao beneficiario da bolsa (é dicir, o/a alumno/a que recibirá a axuda)
3. Prazos: dende o 30 de abril ata o 11 de setembro de 2025
(inclusive).
4. A Dirección Provincial do MECD recibe as solicitudes,
verificando os requisitos esixidos, e no caso de atopar erros recabarán aos
interesados a subsanación de erros nun prazo de 10 días 5. Unha vez comprobados
todos os datos, remitirán as solicitudes ao centro, onde se cubrirán os anexos
I (matrícula e características do centro), II (tipo de NEAE do/a alumno/a), III
(axudas propostas).
6. Simultamente dende o Departamento de Orientación
contactará coas familias para recabar a certificación e memoria do centro
reeducador onde se van levar a cabo as terapias pertinentes.
7.0 centro enviará nun prazo de 15 días dende a recepción da
mesma, a solicitude recibida cos anexos nomeados.
COMO SEGUIR O ESTADO DE TRAMITACIÓN? A través da
sede.educacion.gob.es no apartado de "Mis expedientes"