PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta Patios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Patios. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de setembro de 2025

Divertido?

Que está a facer a rapazada? Como pensas que se sinten?

Se pinchades na imaxe poderedes atopar algo máis que divertido....que será?

 

luns, 12 de xuño de 2023

RECRE_ARTE: tempo de lecer para tod@s.

Neste terceiro trimestre, os martes e venres, o patio dinamizouse a través de xogos de movemento e creatividade os martes e venres, grazas á axuda do alumnado voluntario de 5º EP. 
O profesorado pensa que foi unha experiencia moi positiva, onde todo o alumnado participou de xeito gustoso (podedes pinchar aquí para ver algunhas instantáneas dos momentos vividos). 

Pero gustaríanos recoller a vosa opinión, completando a seguinte enquisa. Moitas grazas pola vosa opinión!. 

  

luns, 17 de abril de 2023

RECRE_ARTE

 QUERES XOGAR COMIGO?

Un novo programa para dinamizar os patios e que todos e todas poidamos disfrutar do tempo de lecer vai dar comezo esta semana. 



A través do programa “ RECRE-ARTE” pretendemos estruturar algúns xogos de patio para que a partir da titoría entre iguais e supervisión dos adultos, o alumnado que presenta necesidades educativas asociadas a  dificultades na interacción cos iguais e habilidades no xogo compartido superen esas dificultades e se atopen incluídos no tempo de lecer e contribuír así á mellora da convivencia e previr posibles conflitos derivados do descoñecemento de como interatuar cos iguais que poden presentar algún dos nosos alumnos/as.


TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos...